Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
01/10/2008 02:07

Xuntanza urxente do UNASUR pola crise financeira mundial

  Os presidentes Luiz Inacio Lula da Silva, Hugo Chávez, Evo Morales e Rafael Correa reunidos en Manaus.


29/09/2008 17:20

Elias Torres Feijó, da U.S.C., novo presidente da Associação Internacional de Lusitanistas (AIL)

Da Galiza é também a nova secretária-geral e tesoureira da AIL, Carmen Villarino Pardo, da Universidade de Santiago de Compostela.


28/09/2008 02:08

Polemica na Arxentina polo nomeamento das catro iconas oficiais á mostra da feira do libro en Francfur no ano 2010.

  Carlos Gardel, Eva Perón, O Che, Diego Maradona están á ser as figuras elexidas.


24/09/2008 03:20

Obxectivo: Dolce Vita!

A ciberirmandade da fala ven de abrir un novo obxectivo.


24/09/2008 01:38

O Uruguai á marxe da crise mundial

O país rexistrara o sexto ano consecutivo de crecemento


24/09/2008 01:11

Morre en Colonia (Alemaña) o músico arxentino Mauricio Kagel

Deu ó seu derradeiro concerto en España na cidade da Coruña, no mes de maio deste ano, co gallo do Festival Mozart.


23/09/2008 12:53

FESTA DOS ANOS 60 NA REVIRA

Grande Festa dos Anos 60 na Revira


roteiro por Vilsantar
22/09/2008 17:27

roteiro por Vilasantar

Un día máis a ACLP Roxin Roxal realiza un roteiro de balde por Vilasantar o domingo 28 de setembro


A campaña pola anulación do xuízo a Lluís Companys lembra a súa relación con Galicia
20/09/2008 13:51

A campaña pola anulación do xuízo a Lluís Companys lembra a súa relación con Galicia

A iniciativa pedindo a anulación do xuízo contra o presidente da Generalitat Republicana "Justícia per a Companys" lembra a súa relación cos galegos acollidos en Catalunya durante a Guerra Civil. A campaña esta a recibir apoios de todo o estado.




http://xustizacompanys.blogspot.com/


19/09/2008 00:44

Arxentina terceiro país suramericano na venda de libros

Medran as conexions a internet e a venda de discos.


19/09/2008 00:08

O lado roqueiro de Borges

O escritor arxentino Jorge Luis Borges rexeitaba a Carlos Gardel e  Beethoven mais prefería escoitar a Pink Floid ou os Rolling Stones.


18/09/2008 13:57

Cumio dos xefes e xefas de Estado e Goberno en Santiago de Chile

"¿Man forte ou conversa, que quere vostede?" pregunto o presidente Lula a Evo Morales.



17/09/2008 23:00

O desafío dá integración nos colectivos Iberoamericanos

   Entidades e persoeiros vencellados aos mais diversos fins dan a súa opinión sobre os temas das migracions.
A Fundación Barcenillas-Ruente, O Grupo Santander, o ex presidente do Urugai Julio Maria Sanguinetti entreoutros.


Tecnoloxías sociais ou Control tecnolóxico da sociedade...?
17/09/2008 01:44

Tecnoloxías sociais ou Control tecnolóxico da sociedade...?

Reflexión sobre as novas tecnoloxías e a práxis mediático-política que se fai delas.  Pois é claro cos grandes partidos teñen dono e terán que facer o que lles mandan.  Mais o nacionalismo galego debera ser espello i exemplo de liberdade e tranparencia neste tema... ¿ou non?


16/09/2008 18:53

CCOO insta a Xunta a que interveña no conflito entre as empresas conserveiras e os bateeiros do mexillón

No tocante ao conflito entre os bateeiros e as empresas conserveiras, a Federación Agroalimentaria de Comisións Obreiras de Galicia (CC OO) quere alertar a opinión pública de que hai un colectivo prexudicado que é «absolutamente inocente» e que non ten por que sufrir as consecuencias do enfrontamento. Este colectivo é o dos traballadores e traballadoras das empresas conserveiras e cocedeiros de mexillón, integrado por unhas dúas mil persoas, das que a maioría son mulleres.


16/09/2008 18:52

CCOO denuncia a «información sesgada» que transmite o ADIF e esixe que siga adiante a Oferta Pública de Emprego

En relación co conflito laboral no Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), o sindicato Comisións Obreiras (CC OO) critica que a empresa pública estea a transmitir «información sesgada» sobre o mesmo. Para o ADIF, a orixe do conflito é a decisión da empresa de contratar persoal de apoio, «cando a realidade nos indica que a súa pretensión é externalizar o servizo de venda ao mellor postor», denuncian os representantes dos traballadores.


15/09/2008 13:46

Roteiro polo patrimonio histórico da Universidade de Santiago de Compostela

A pegada latino americana na biblioteca " America" obra do emigrante Gumersindo Bustos


15/09/2008 12:31

Aberto o prazo de inscrición nos cursos do Formaterra 2008

Aromaterapia, método bengala de crecemento persoal, kundalini ioga, bhangra, e bioconstrución son as propostas formativas que compoñen o Formaterra 08. Durante os días 18 e 19 de outubro e dentro do Festival das artes pola biodiversidade "Terractiva", a vila coruñesa de Arzúa albergará esta nutrida representación de cursos para os que prazo de inscrición remata o día 8 de outubro.


14/09/2008 18:43

Galega de ferrocarrís

A actualización da rede de ferrocarrís da Galiza coas obras do AVE  abre a porta a que a Xunta poida explotar esa rede ofrecendo os servizos que a Renfe non ofrece ou que ofrece previo pago de subvención. Catalunya, Andalucía e mais Euskadi xa teñen compañía de ferrocarrís de seu. E agora o turno da Galiza?http://eidosarq.wordpress.com



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.