Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galega de ferrocarrís

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Galega de ferrocarrís

Galega de ferrocarrís

A actualización da rede de ferrocarrís da Galiza coas obras do AVE  abre a porta a que a Xunta poida explotar esa rede ofrecendo os servizos que a Renfe non ofrece ou que ofrece previo pago de subvención. Catalunya, Andalucía e mais Euskadi xa teñen compañía de ferrocarrís de seu. E agora o turno da Galiza?http://eidosarq.wordpress.com

Enviada por danielovalle88 danielovalle88 o 14/09/2008 18:43

O desenvolvemento das áreas densamente poboadas do primeiro mundo rompeu durante o século pasado o modo de vida do cidadán de a pe.
Na primeira metade do século pasado, a cidade dos Ángeles aprobou un plan urbanístico para se expander por toda a chaira do condado dos Ángeles con densidades de poboación moi baixas, apoiándose nunha rede de autoestradas suburbanas.
Hoxe, o anxelino medio percorre preto de 100km só para ires a traballar.
O mesmo sucede nas rexións urbanas de Tokio, Nova Iorc ou Holanda.O noso país non queda moi atrás diso. Aínda que nos tempos da grande expansión dos Ángeles a Galiza presentaba aínda un atraso moi importante con respecto ás grandes rexións urbanas do mundo, na época actual ninguén -agás quizais os políticos- pode nega-la existencia e a importancia a nível europeo da rexión urbana do eixo atlántico: a franxa de alta densidade de poboación que discorre paralela ao Atlántico dende Ferrol ata O Porto e mesmo ata pasado Lisboa.É psíbel que nun futuro a medio prazo e mesmo coa inoperancia dos políticos na contra a rexión urbana do eixo atlántico progtresará no seu funcionamento como rexión urbana, racionalizando e compartindo recursos e formando un ámbito de intercambio cultural e económico fluído. A ilo vai contribuir sen dúbida o tren de alta velocidade, que achegará as grandes cidades do eixo entre si. E con isto comeza o meollo do asunto.O AVE do que tanto se ten falado non vai pasar por ningún dos tres aeroportos que compartimos os dous millóns setecentos mil galegos (nove centos mil galegos por aeroporto), maís si polo novísimo aeródromo de Sá Carneiro, que comparten os case catro millóns douscentos mil portugueses do norte. Pode que dentro de dez anos o aeroporto do Porto estea "máis preto" do centro de Vigo que o de Peinador. Aí fica a cousa.Pero non é este o único fallo que ten o AVE. Vaia, non o AVE, a planificación territorial do goberno central, que é inexistente e lévao sendo moitos anos. Esta mesma semana escribía a EL PAÍS un home queixándose da desaparizón dos servizos entre Madrid e Barcelona que adoitaba prestar Renfe antes da imnauguración do AVE. O lector, con moito tino, apuntaba que non tódolos petos poden asumi-lo que custa un billete de AVE e para quen non ten présa, os trens tradicionais poden ser unha alternativa económica e aceptábel.Penso que o mesmo ten pensado facer Renfe en Galiza. O ruído da plataforma Salva O Tren déixao moi claro. Tamén a proposta que fixera na campaña para as eleccións xerais de 2008 a candidata do bloque por Lugo Paz Abraira. Proposta que relanzou estes días como concelleira na cidade de Lugo ante o que ela -e moitos galegos- consideran un atraco e é a subvención que paga a Xunta a Renfe por mante-la liña A Coruña-Lugo-Monforte.Paz Abraira propón logo a creación dunha compañía pública galega de ferrocarril que explote esa liña e poña en funcionamento outras dúas que conecten as vilas máis importantes da provincia de Lugo. Malia que algúns lles pareza unha toleira, non lle falta razón a Paz Abraira. A dispersión da poboación, que é pouco desexábel aos niveis aosn que ten chegado no noso país, arránxase con medidas que tendan a concentra-la poboación que vive dispersa ao redor dun polo moi diluido, de xeito que ese polo -chámalle Sarria, chámalle Monforte de Lemos- se redensifica, se compacta e se enriquece económica, social e culturalmente. O tren é unha boa medida para o conseguir.Mais a compañía galega de ferrocarril non soio terá que se facer cargo do tren na comarcas de Lugo. Co AVE desaparecerán os trens laranxas que aínda hoxe percorren o eixo atlántico parando en vilas como Padrón ou Redondela ademáis das cidades de Santiago ou Vigo. A Renfe só nos vai ofrecer un servizo express entre os polos importantes do eixo: A Coruña-Vigo, Santiago-Porto... máis fai falle que ao redor deses polos xordan eixos máis cativos que nos leven ás vilas que orbitan en torno ás cidades, así como un eixo paralelo que se use para a proximidade: Pontevedra-Vilagarcía, Santiago-Padrón, etc.De non ser así, tanto a Xunta como o goberno central con Renfe de cómplices, cometerían unha enorme inxustiza social, dado que un ferrocarril áxil e barato é tan importante como o AVE. En que me baso?O eixo atlántico ten unha estructura liñal. Ven sendo unha macro-cidade liñal. A finais do dezanove, Arturo Soria propuxo en Madrid un modelo de cidade con estructura liñal. En torno a un eixo de comunicación xorderían servizos industrias e vivendas. O que pretendía era circunvala-lo centro de Madrid non cunha autoestrada como se fixo, máis cunha cidade distinta á que xa existía. Pois ben. Arturo Soria insistía na idea de que pare fundionar correctamente facía falta que polo eixo houbera unha liña de trasnporte rápido con poucas paradas e outra paralela con moitas paradas para tráfico local. Máis exemplos? O metro de Nova Iorc, ten tódalas súas liñas desdobradas. Cada liña ten unha versión local, con parada en tódalas estacións, e unha versión express, con parada só nas mais importantes.O eixo atlántico non soio pide alta velocidade a berros, tamén pide tren de proximidade.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: