Os presidentes Luiz Inacio Lula da Silva, Hugo Chávez, Evo Morales e Rafael Correa reunidos en Manaus.
O tremor financeiro do mundo deu coa présa da reunión dos presidentes do Brasil Bolivia, Ecuador e Venezuela, a crise que discute os EUA sentou á mesa ós presidentes dos paises integrantes do UNASUR nunha xuntanza parcial para se tratar a problemática da cuestión e do perxuicio para a rexión pola devandita crise financeira.
O rescate da situación que aflixe aos ricos americanos do norte pode afectar ós pobres do sur, se non se collen rápidamente unha serie de medidas de fortalecemento dos sistemas rexionais de integración, que permitan á america latina resistir e non contaminarse coa crise mundial das finanzas.
O presidente Chavez saliento as vantaxes dun financiamento propio e independente, fortalecer os bancos centrais, cos fondos propios de investimento, así tamén a activación do Banco do Sur un sistema de desenvolvemento rexional feito nos papeis que ainda non está á funcionar "non puidemos perder un dia " dixo o presidente venezuelano, destaco así mesmo a necesidade dos países do UNASUR á través do citado banco co control dos fondos aseguren o financiamiento da cooperación mailo desenvolvemento dos pobos da rexión libre do nefasto sistema liberal.
O presidente brasileiro destaco vitimización dos países en desenvolvemento que están á converterse en perxudicados do "casino" montado polos EE UU e pidiu ó congreso de Washington solución para a crise e que os seus efectos non reflictan nos países en desenvolvemento, tralo caos dunha xornada na que a bolsa brasileira caeu mais do nove por cen. Lula da Silva ten previsto unha reunión á soas co presidente Chavez e logo cós de Bolivia e Ecuador.