Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tecnoloxías sociais ou Control tecnolóxico da sociedade...?

Reflexión sobre as novas tecnoloxías e a práxis mediático-política que se fai delas.  Pois é claro cos grandes partidos teñen dono e terán que facer o que lles mandan.  Mais o nacionalismo galego debera ser espello i exemplo de liberdade e tranparencia neste tema... ¿ou non?

Enviada por Erasmo Erasmo o 17/09/2008 01:44

Parece cas novas tecnoloxías, coma todo, pódense usar para mellorar o mundo ou para empobrecelo aínda máis.Eu sempre estarei a favor destas novas ferramentas para ampliar o noso horizonte persoal e social. Son grandes oportunidades para ir máis alá de nós mesmos e facilitar enormemente as relacións e o intercambio de ideas.

Porén cando se empregan para monopolizar o discurso, cando se deseñan para se converter en 'rateiras' onde os usuarios son utilizados polos administradores dos sistemas para darse publicidade e bater récords de audiencia e presentarse como proxectos novidosos e democráticos, cando non son máis que palestras mediáticas para a autoafirmación e o eterno fluir unidireccional das propias consignas...

Cando isto sucede temos que DENUNCIAR A IMPOSTURA e sobre todo a perversión dun medio que sendo deseñado para potenciar a Participación en tempo real de tódolos actores, estase a empregar xustamente para todo o contrario. Son moitos os exemplos que podemos rastrexar na rede onde se ofrecen foros e blogs e wikis onde o bandeirín de enganche é sempre o mesmo: unha chamada á PARTICIPACIÓN da cidadanía aberta ó debate e á reflexión de tódolos usuarios: periódicos onde son os propios lectores os que envian novas e colgan fotodenuncias, foros especializados onde sempre existen usuarios que destacan polo nivel de cotilleo e o coñecemento dos demáis asistentes, wikis nos que os administradores resolven o que sí e o que non é conveniente...

Sempre existe unha xerarquía agochada na sombra: amparada polos procedementos de votación que puxeron en marcha as chamadas redes sociais: nas que só é posible editar o que xa tódolos usuarios saben e queren editar de antemán. 

Polo tanto non é ouro, nin prata, todo o que se nos está a ofrecer, aínda que moitas veces o pareza.

Aproveitamonos dos novos accesos ás redes para facer o mesmo que fixemos sempre: escoitarnos a nós mesmos e  rexeitar sen contemplacións ós discrepantes envianadoos con mil artimañas ó fondo da noite escura, ou aínda peor, marcándoos como trolls ou disidentes dentro de cada sistema de comunicación.

A ultima exitosa rateira que vense de publicitar na rede galega é o videoblog de Quintana (vlog) no que podedes comprobar vós mesmos como funciona: só con tres comentarios xa te retiran da circulación ata novo aviso. O único xeito de voltar a poder falar co nacionalismo galego na rede é votar favorablemente tódolos vídeos do candidato e non escribir nada que sexa mínimamente crítico coa actuación do BNG ou das súas Consellerías nesta lexislatura, para evitar os acios de votos negativos do resto de ususarios.

Esta é unha estratexia ben deseñada para fortalecer a imaxe de unidade do nacionalismo galego, e de paso 'controlar ó disidente' e se pode ser marcalo para sempre en cantas redes sociais existen no país, de xeito que a chamada PARTICIPACIÓN redúcese a un puñado de usuarios ben disciplinados e informáticamente ben preparados que deciden quén sí e quén non vai ter audiencia no lugar.

Esto é máis importante do que pensamos, pois a perversión do uso das redes sociais, non favorece ningún intercambio de ideas nin de argumentos senon, lamentablemente, todo o contrario: fortalece posicións numantinas duns e outros sen visos de consenso algún.  ¿Van ser as redes sociais -así deseñadas- criadeiros de sectarismo on line? ¿Seremos tan pouco sensibles que faremos das mal chamadas redes sociais guetos nos que se aloumiñan os conflitos máis que atopan solucións para un mundo complexo? ¿ Se somos capaces do mellor... por que estar sempre construindo e alentando o peor...?

Polo menos temos VIEIROS ate agora o único medio de comunicación galego que ten probada a súa profesionalidade neste asunto da Participación Cidadá en rede e que aínda falta o día no que elimine unha sóa til dos textos que aquí se publican polos sen voz, os que non temos altofalantes de partidos nin de asociacions progubernamentais para que se nos escoite.  Grazas por estar aí e seguir apoiando a liberdade de expresión, berce de tódalas ideas, aínda daquelas que non nos gusten hoxe, malia despois cheguen ser as mellores. Grazas.



Da teoría á práxis: De cómo unha pregunta inocente pode exiliarte para sempre do Vlog máis participativo que pariu o nacionalismo galego ate o de agora.  Buscade a pregunta ó pé do video, porque mesmo as preguntas téñense que ocultar ós ollos dos neófitos que por alí podan chegarse.   Que péna de estratexia!

E se non me gustan os vídeos...


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Tecnoloxías sociais ou Control tecnolóxico da sociedade...?