A Faculdade de Educación da UNED de Madrid organizou o 16 e 17 de dicembro de 2008 o Foro das Migracións Latinoamericanas no marco da CÁTEDRA ANDRÉS BELLO con participación de profesores galegos.
50 traballadoras/es que van a recibir de agasallo de Nadal un despido.
Para perpetrar esta falcatruada convocan unha Comisión de Persoal extraordinaria para facer de tapadillo unha privatización descarada dos servizos públicos.
O sábado 27 de decembro a Asociación Cultural Lefre de Caldereta de Ferrol, celebra o 3º aniversario da asociación cunha cea e festa rachada no restaurante de Fimo (A Malata), onde se entregarán os premios Caldereta de Honra e Caldereta do Ano.
A nova deixa fóra, disque vinte mil netos e netas de emigrantes, o PSdeG pensa no futuro buscar unha solución a estes casos, seica di que a meirande parte dos fillos e netos acadarán os beneficios da lei, só ficaran fora unha pouca cantidade de descendentes dos que emigraron aos finais do século dezanove e a primeiros do século vinte. O corenta por cen dos emigrantes que retornaron do estranxeiro fixérono dende Latinoamérica.
¿Resistencia? Sí, estamos a tempo de resistir, nesta terra nósa que nin foi de Fenosa nin será do City Bank mentres haxa cidadáns dispostos a plantar cara ao futuro incerto e construir os nosos soños milenarios alén das ‘sacas’ que algúns aventan coma pantasmas dende escanos roubados ó pobo e á cidadanía… Podemos!
Frecuentemente o éxito na política radica na arte dos seus charlatáns
A contratación naval no do mercado mundial vive unha época de bonanza como nunca se recorda, e como referencia cifrar que na actualidade a carteira de pedidos globalizada, supera os 10.000 buques, unha realidade cuantitativa sen parangón na historia da navegación, pois iso significa que un terzo da flota mundial está na carteiras comerciais dos estaleiros
A Asociación de Uruguaios 25 de agosto da Coruña convida á primeira mostra artística multicultural e de artesanías
O día dez do mes de decembro do ano 1983, a Arxentina soterrou unha longa ditadura, a máis sanguenta de todas-las que asolagaron o país de sudamerica ao longo da súa historia. O medio século de ditaduras militares botaron raiceiras e xeraron unha sociedade pouco afecta á tolerancia, o dialogo e a pluralidade política. Raúl Alfonsín político arxentino, é neto de emigrantes galegos e ten os seus devanceiros na vila pontevedresa de Lalín, convocou aos cidadáns a construír unha nova democracia para todos, saía o país dunha longa noite de violación masiva dos dereitos humanos pola acción do estado e a indiferenza colectiva.
Galicia Bilingüe foi, recentemente, co seu circo a Estrasburgo. Pero, parece que alá tampouco tivo moito éxito.
Recollido en AugasCeives.
Hai pouco máis dun mes, o investigador de Cuntis Héitor Picallo recibía un anónimo en relación co seu libro recentemente publicado sobre a figura de Xohán Xesús González (prologado por X. L. Méndez Ferrín). Recentemente puidemos ter acceso e coñecer de primeira man esta nova agresión do neofascismo que parece chegar dende os púlpitos das escuras covas ancoradas no 36. Fronte a eles, nin un paso atrás!!
Xa está en liña o Ipernity en galego, un dos servizos máis interesantes da Rede 2.0, O proxecto naceu dunha simple idea en maio de 2004: « Comparta o que queira con quen queira ». Un desexo que pode resultar evidente, pero que daquelas aínda non fora satisfeito na xungla dos servizos de Internet. Vexan a noticia no blogue do proxecto.
¡O son e a festa galega na terra do "Bosque Animado": en terras de Cecebre!.
Vindouro Sábado día 13 de Dezembro na REVIRA
12 lúas está a buscar colaboradores e participantes para este proxecto. Se sabedes de alguén. este é o noso mail: 12luas@gmail.com
E esta a nosa páxina web http://12luas.blogspot.com
Unha fiestra para amosar as vosas inquedanzas e habilidades.
Os plans de rescate, cuxo deseño foi elaborado pola clase política, resultan ser un estrepitoso fracaso e denotan que a súa concepción dista de ser unha solución restauradora do crebado panorama financeiro
C'mmons baby! é un podcast en galego sobre músicas baixo licenzas copyleft que se distribúe na rede por Ego99 Radio de México e polas ondas en Rádio FilispiM.
Aparte do sonoro fracaso do evento, con todo, resulta cando menos positivo a madurez da cidadanía que tomou cumprida lectura dos "chiringuítos" que o executivo do estado vén utilizando como fórmula de evadir as súas responsabilidades coa comarca, pois como queda demostrado, para a maioría dos habitantes, o Plan Ferrol é outro dispositivo de engano
O Club de Lectura Virtual Universitario Galicia-Norte de Portugal consiste nunha plataforma electrónica que sirve como punto de encontro da comunidade universitaria galega e portuguesa do norte, e á sociedade en xeral, para o fomento da lectura nas linguas da Eurorrexión.
O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) presentou este sábado en Santiago a primeira guía de relacións laborais especializada no xornalismo que se edita en España. Con 2.000 exemplares en galego nesta primeira tirada, o "Manual de Relacións Laborais no Xornalismo" é obra de Fabián Nevado, especialista en negociacións colectivas e secretario de acción sindical do Sindicat de Periodistes de Catalunya (SPC).
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.
Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.