Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
II Mostra de modelismo naval - AMONAGA 2008.
23/11/2008 01:26

II Mostra de modelismo naval - AMONAGA 2008.

A mostra ten lugar no Liceo Marítimo de Bouzas de Vigo e consta de 60 maquetas de barcos de todas as épocas.


ANIVERSARIO DO LOCAL SOCIAL A REVIRA E ACTIVIDADES
22/11/2008 01:04

ANIVERSARIO DO LOCAL SOCIAL A REVIRA E ACTIVIDADES

Palestra ceia e concerto


21/11/2008 02:59

China afianzase en Latinoamérica

  Mergullado na crise mundial, malia o seu propio atranco, o xigante asiático busca afondar negocio e investimento nos países da América latina e o Caribe.  Co fin de salientar os obxectivos chineses na comunidade latinoamericana, e axudar aos pobos da rexión na comprensión da súa política exterior, o presidente Hu-Jintao presentou ao abeiro da xuntanza pola crise financeira mundial o "Libro Blanco sobre América Latina"


19/11/2008 08:33

OUVEOS NA NOITE [podcast]>>GZ-REPRESIÓN STOP!!

Sacade as vosas sucias mans da nosa tribo!! A Fundación Nacional do Indio do Brasil contratou un avión dotado dun sensor capaz de detectar a distancia a presenza humana pola temperatura do corpo , calcula que existen 39 tribos na zona máis mesta do Mato Grosso aínda non contactadas.


17/11/2008 13:12

O Uruguai dividese pola implantación dunha Lei do aborto. O Presidente Tabaré Vázquez veta a lei e desencadea a crise no seu goberno

O Presidente pediu ós seus ministros o acompañamento coa desición, os que secundan a lei negaronse a asinar o veto, o feito desatou a crise no goberno. O día 11 de novembro o Senado Uruguaio aprobou o polémico proxecto da nova Lei de saude na reproducción e a sexualidad que inclue a despenalización da práctica do aborto. O Uruguai e o primeiro país de latinoamerica que tenta rexir e lixislar o aborto, a caron del Arxentina discute dende fan vinte e cinco anos a vixencia dunha lei que o regulamente.


Xornadas dereitos sociais - 21 e 22 novembro en Vigo
17/11/2008 12:00

Xornadas dereitos sociais - 21 e 22 novembro en Vigo

O servizo de información de dereitos sociais e a comunidade cristiá do "Cristo da Victoria" convocan unha xornadas de reflexión co título "Dereitos sociais e cidadanía".


Terceiro roteiro contra a especulación e polo dereito á vivenda
14/11/2008 14:27

Terceiro roteiro contra a especulación e polo dereito á vivenda

O grupo Precarias en Loita convoca o Terceiro roteiro contra a especulación e polo dereito á vivenda, que será o sábado 15 de novembro ás 17.00 nas ruínas do edificio Bandeira (cruce Jenaro de La Fuente e Aragón).Desta vez percorreremos as rúas próximas ao Calvario, nunha comparsa festiva e reivindicativa para sinalar e denunciar a especulación, vivendas abandoadas, etc. Remataremos ás 19.00 cunha proxección do documental "A cidade perdida" no LS Faísca r/Toledo,9 (tras a igrexa dos Picos).


13/11/2008 11:31

TRAC actúa na Coruña: sábado 15 en Joana´s place

TRAC, grupo de rock & blues, actúa este sábado 15 de novembro ás 23,00 horas no clube Joana´s place da Coruña, na rúa Pondal nº 4.


13/11/2008 00:20

A Asociación de Uruguaios da Coruña convida á presentación de dous libros vencellados á problemática da emigración e o exilio máis a violencia das ditaduras do Uruguai e Arxentina

   Coa presenza dos autores que asinarán os exemplares que estarán á venda, e persoeiros da cultura, autoridades, mailo Cónsul Uruguaio, a xuntanza será na sede da Asociación de Uruguaios "25 de agosto" da Coruña, o vindeiro sábado 15 de novembro na praza do Comercio 2 baixo, A Coruña, ás oito do serán.


12/11/2008 02:17

Chile lembra ó Presidente Salvador Allende

  Cumprironse trinta e cinco anos da súa morte na defensa da democracia, e cen do seu nacemento.
O día once de setembro, co gallo dos trinta e cinco anos do golpe militar que instalou no poder ó xeneral Pinochet e os seus comprices, a presidenta de Chile Michelle Bachelet amosou á prensa a restauración do salón onde o presidente constitucional Salvador Allende exerceu a súa maxistratura, e perdeu a vida na defensa do goberno democrático.


12/11/2008 01:48

Noveno Foro Iberoamericano en Sevilla dos intelectuais e políticos ó abeiro do bicentenario.

   Os participantes plantexan a dubida coa celebración, malia o custo que tivera a independencia nos países da América hispanica.
O foro comeza a súa andaina en Sevilla coa cuestión e a dubida da existencia dalgún feito que celebrar, seica a independencia misma, queda a certeza cá devandita independencia foi lograda ás costas dos pobos da América.A pegada dos héroes da independencia queda só no bronce das estatuas, de xeito que a súa condición sobrehumana contrasta cos actuais políticos de moito principio e poucos escrúpulos.


10/11/2008 11:31

Carta aberta da APDR ao conselleiro de Medio Ambiente

A Asociación pola Defensa da Ría critica a "agresividade e descualificacións" adicadas ao colectivo por parte do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.


Non a Esquezas
07/11/2008 13:32

Non a Esquezas, Ela Falaríao

Non a Esquezas, Ela Falaríao é a nova campaña de 12 lúas. Campaña a prol da lingua galega.


07/11/2008 12:26

A presidenta Arxentina Cristina Fernández de Kirchner acode á prensa escrita na defensa da estatización das administradoras privadas dos fondos de xubilacións e pensións.

  Cós efectos da crise financeira mundial, as denuncias polos despidos acochados na banca e as AFXP, a desaceleraración da actividade industrial, pon ó goberno na procura da redución dos feitos da crise no mercado laboral.


06/11/2008 23:02

O músico Arxentino Xerardo Gandini galardoado co premio Tomas Luis de Victoria

  Foi o pianista de Astor Piazzolla e é autor de máis de cento cincuenta obras músicais.
  O premio esta adicado á apertura e á innovación na difusión da música contemporánea e á creación vencellada ó dialogo entre o pasado e o futuro, cunha linguaxe compositiva dirixida ás audiencias da diversidade.


04/11/2008 15:33

Nova ubiación do grupo Navia de Suarna : "Benvidos ó paraíso"

Cambiamos de msn groups a multiply


Cinema na Revira
04/11/2008 11:32

Cinema na Revira

Este mês de Novembro a A.C. A Revira, em colaboraçom com a AGAL, organiza um ciclo de cinema brasileiro em V.O.S. As legendas estam em galego-português para facilitar a aprendizagem e melhora lingüística.

Os filmes projectaram-se todas as sextas feiras às 21 da noite.

7 de Novembro:
Terra Estrangeira
[Filme luso-brasileiro de 1996, do gênero suspense, dirigido por Walter Salles e co-dirigido por Daniela Thomas.]

14 de Novembro:
O ano em que meus pais saíram de férias
[Filme brasileiro de 2006, do gênero drama, dirigido por Cao Hamburger.]

21 de Novembro:
O Céu de Suely
[Filme alemão-brasileiro-francês de 2002, do género drama, dirigido por Karim Aïnouz.]

28 de Novembro:
O que é Isso Companheiro
[Filme brasileiro de 1997, do gênero drama, dirigido por Bruno Barreto.]

--
http://revira.agal-gz.org/
Arcebispo Malvar, 33 rés-do chao
Ponte Vedra


exposiçom de Manuel Pérez Martínez "Arenas" na Revira
04/11/2008 11:31

exposiçom de Manuel Pérez Martínez "Arenas" na Revira

Esta quarta-feira 5 de Outubro às 20 horas terá lugar a inauguraçom da exposiçom de Manuel Pérez Martínez "Arenas", preso político antifascista.
A amostra estará na sala Raimundo Patinho até o 22 de Novembro.

--
http://revira.agal-gz.org/
Arcebispo Malvar, 33 rés-do chao
Ponte Vedra


PLANEAMENTO URBANÍSTICO
02/11/2008 11:52

PLANEAMENTO URBANÍSTICO

 O rigor e eficacia dun plan xeral radica na solvencia do seu contido e en garantir a súa posibilidade de xestión .
 En épocas de bonanza  a tendencia do planeamento é a de habilitar áreas de novos crecementos  e coa crise politicas camiñan pola consolidacion do existente
 


MAGOSTO POPULAR NA REVIRA EN PONTEVEDRA
01/11/2008 00:30

Magosto popular na Revira en Pontevedra

Chega o Outono e com ele as castanhas. Ao igual que outros anos desde A Revira organizamos umha saída para apanhá-las o vindouro domingo 2 de Novembro. Sairemos desde o local às 10 da manhá, trazede jantar e calçado cómodo. Aguardemos que a sáida seja exitosa pois com as castanhas apanhadas celebraremos o sábado 8 o Magusto, acompanhado dumha foliada, pam com chouriço e umha boa queimada. Todo isto a partir das 10 da noite.Aguardamos ver-vos polo local!!



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.