Vieiros

Vieiros de meu Perfil


roteiro por Vilasantar

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de roteiro por Vilasantar

roteiro por Vilasantar

Un día máis a ACLP Roxin Roxal realiza un roteiro de balde por Vilasantar o domingo 28 de setembro

Enviada por queiroga queiroga o 22/09/2008 17:27
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

O próximo domingo 28 a Asociación cultural Libre de Paderne fara o segundo dos roteiros de outono por terras de Vilasantar. Trátase dun fermoso percorrido con algúns puntos de interese tan insólitos como a visita a un batán en funcionamento ou a unha singular hórrea ou hórreo cuadrangular na aldea de Vilaboa, sen esquecer á igrexa de Santa María de Mezonzo, auténtica xoia da arte románica. Na páxina web do Concello de Vilasantar poderedes atopar a descrición dun percorrido moi parecido ao que faremos o domingo.   Ao remate, como é de costume, haberá xantar colectivo. Será nun local cedido polo Concello, quen está a colaborar con entusiasmo na organización da actividade. Hai que traer a comida. Non é necesario que vos anotedes nin para o percorrido nin para o xantar.Para máis información das actividades desta asociación podedes visitar a páxina web www.roxinrioxal.net


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: