Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
04/03/2009 20:22

Coa escusa da adicación exclusiva imos a gastar o que costarían 5 coches coma o de Touriño

Coa escusa da adicación exclusiva imos a gastar o que costarían 5 coches coma o de Touriño, por beneficiar a algún cargo máis do P.P., isto é aforrar?. Ou outro despacho igual para as reunións do Consello da Xunta.


Fotos da onda galega máis potente da nosa costa!
03/03/2009 18:11

Fotos da onda galega máis potente da nosa costa!

Dende o blog de Jahgo chegan estas dúas fotos dun secret spot galego preto de Portugal. Esta onda é bastante coñecida pero surfeada por moi poucos valentes por mor da súa complexidade técnica. Atópase no anaco de costa entre a foz do Miño e Cabo Silleiro.


03/03/2009 03:07

BNG-Windows

Vou facer un simil informático. Que ninguén se asuste.


Operación Valquiria: Como Hollywood atenta contra a Historia
03/03/2009 00:10

Operación Valquiria: Como Hollywood atenta contra a Historia

Entrevista de Grógoire Lalieu a Annie Lacroix-Riz

Tradución ao galego por Estoutras

«Stauffenberg era excepcional», di o actor Tom Cruise en plena promoción da película Valquiria. A produción de Hollywood relata a trama do 20 de xullo de 1944 na que un feixe de soldados alemáns tentaron asasinar a Hitler. Mais a película non se detén no perfil e motivacións destes resistentes. Annie Lacroix-Riz, profesora de Historia Contemporánea na Universidade de París-VII, explica os antecedentes dos acontecementos e ataca a idílica versión de Hollywood.



CABOZO.COM unha comunidade web galega e en galego dende Alemaña.
27/02/2009 00:26

CABOZO.COM unha comunidade web galega e en galego dende Alemaña.

Para qué necesitamos os "xigantes" Facebook, Tuenti, Badoo, etc. tendo esta Web galega feita por galegos como achega de utilidade para a sociedade  sen ánimo de lucro, e onde poderemos facer prácticamente o mesmo que noutras redes sociais sen os inconvintes destas?


ARTería JAZZ´09
26/02/2009 17:48

ARTería JAZZ´09

Mércores 18 de Marzo. 21:00 h.
Carmen Rey Grupo
Carmen Rey (voz); Miguel Cabana (batería); Rubén Appratto (baixo);Tito Calviño (guitarra); Sergio Delgado (teclado); Aixa Romay e Ángeles Dorrio (coros)

Mércores 15 de Abril. 21:00 h.
Pablo Seoane Cuarteto
Pablo Seoane (piano);Toño Otero (saxo); Juan Cañada (contrabaixo); Javier Barral (batería)

Mércores 20 de Maio. 21:00 h.
Pepe Evangelista Cuarteto
Pepe Evangelista (guitarra); Kin García (contrabaixo); Miguel Cabana (batería);Roberto Somoza (saxo e frauta)

XANEIRO-XUÑO JAZZ´09Prezo 5 €
PREZOS REDUCIDOS CARNÉ XOVE, CARNÉ ESTUDANTE, MAIORES 65,
DESEMPREGADOS E SOCIOS SGAE. HORARIO VENDA EN BILLETEIRA LUNS A VENRES, DE 10:00 A 20:00 H. E TÓDOLOS DÍAS,
ARTERIA NOROESTE DENDE UNA HORA ANTES DO ESPECTÁCULO+ en               981 569 082        noroeste@arteriamultiespacios.com   www.arteriamultiespacios.com 
unha iniciativa de SGAE/Fundación Autor e AGAMUJAZZ (Asociación Galega de Música Jazz)
http://www.agamujazz.com 
Rúa das Salvadas 2A. Parque Vista Alegre


Insecticidas neurotóxicos na nosa alimentación e na natureza
26/02/2009 13:55

Insecticidas neurotóxicos na nosa alimentación e na natureza

¿Por qué se nega o Goberno español a seguir o exemplo de Francia, Alemaña, Eslovenia e Italia en prohibir cautelarmente os insecticidas neurotóxicos?Estos paises suspenderon cautelarmente estos pesticidas depois da morte masiva de abellas. Este é un exemplo de como as abellas poden advertinos de perigos inminentes para a nosa saúde.


26/02/2009 00:40

O voto independentista

Non foi posíbel unha candidatura unitaria na que poder asentar os votos da esquerda independentista o vindeiro 1 de marzo. Agora non é momento de buscar culpábeis nin de afondar nos motivos, mais si que é traballo irrenunciábel a curto prazo. As posibilidades de voto da esquerda nacionalista van ser este domingo só dúas. Mais os resultados non serán reais, pois os sufraxios que podería colleitar a candidatura unitaria vanse ver esparexidos ademais entre outras posibilidades como a abstención, o voto nulo, o voto en branco e mesmo unha grandísima porcentaxe engordarán a saca do BNG entregándose á falacia do “voto útil”.

ANÁLISE COMPLETO EN AUGASCEIVES.


20/02/2009 02:04

A xustiza Arxentina exculpou á muller que matou a seu home en lexitima defensa

  O día catro de xuño do ano 2007, Graciela Aguirre matou ao seu home e pai da súa única filla logo que ambas las dúas foran atacadas e feridas polo home. O día dezaseis de febreiro do ano 2009, nun xuízo curto no que o ministerio fiscal desistiu de acusar á muller e considerou a actitude coma de lexitima defensa da súa vida, máis a da filla, o tribunal exculpoulla e dispuxo a liberdade da acusada. A violencia de xénero e un diaño fora de control na Arxentina, deica ao fin do ano 2008 foron mortas cento vinte mulleres asasinadas polo seu home. O caso máis aló da resolución xudicial reflicte a necesidade do tratamento urxente da cuestión polo Estado Arxentino. Segundo Amnistia Internacional na Arxentina existe a falla dunha política dende o Estado para facer fronte aos atrancos e consideranno unha violación dos dereitos humanos.


19/02/2009 01:45

Estoupa na Arxentina o receo dun curro financeiro español pola crise do Santander

  Aforradores españois alporizados polas novas e co desasosego ao respecto da conxelación dos diñeiros dos fondos de investimentos inmobiliarios do banco, máis de corenta mil investidores esíxenlle ao banco ca afronte co seu patrimonio a devolución dos cartos investidos no seu intre e que o banco perdeu coa caida da banca os EUA. Á falla de activos financeiros para se facer fronte as demandas dos aforradores chega á cantidade de tres mil millóns de euros.Tendo en conta que na Arxentina fica o Santander-Río as novas da península xeraron inquedanza e hoxe algunhas persoas están na dubida da estada dos seus diñeiros nas contas que ten no banco.


A cantos sinten Amor pola Terra !
16/02/2009 22:23

A cantos sinten Amor pola Terra !

Case nunca pasa nada… somentes a vida que se vai...!

= 28.071
  Votos en Branco = A Cuarta Forza Electoral de Galicia ?

= 23.796  Votos UPyD = O Cuarto Partido Político en Galicia ?

= 15.223
  Votos Nulos = Fartos de mentiras en Galicia ?


16/02/2009 20:29

O Bierzo reclámalle aos partidos políticos galegos

Ofrecémoslle as reivindicacións que envía a Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo a todos os candidatos do país.


16/02/2009 11:12

Segue a mobilización por falta de pediatra en Begonte

Velaquí a nova mensaxe chegada de pais e nais afectados pola falta de pediatra no Concello de Begonte.


13/02/2009 16:34

Xa está ben...

  Semella que son máis numerosos do que pensamos os casos de represión lingüística que nos toca viver na Galiza.


13/02/2009 00:57

Arxentina lembra ao máis universal dos “cronopios” o escritor Xulio Cortázar aos vinte e cinco anos do seu pasamento

  A chegada do vinte e cinco cabodano do escritor arxentino Xulio Cortázar, Bruxelas 1914 Paris 1984, amosa a vitalidade da escrita que reflicte na venda de cincuenta mil libros da súa produción ao ano na Arxentina. En Bos Aires, a homenaxe a Cortázar inclúe seminarios, conferencias, obras da cinematografía co baseamento nos seus contos, lecturas da súa obra, recitais e unha mostra urbana coa montaxe de 300 "rayuelas".Galicia ten unha forte pegada da presenza de Cortázar en dúas quendas, polas rúas de Compostela ou Pontevedra. Aurora Bernárdez, filla de galegos de Ourense, fixo a doazón dos arquivos fotográficos e fílmicos do escritor que fican no Centro Galego das Artes da Imaxe, CGAI, na cidade da Coruña. Cortázar mantivo unha abondosa amizade con Lourenzo Varela, Rafael Dieste, Luís Seoane, Arturo Cuadrado e colaborou nas revistas "Correo Literario" e nos artigos de "Cabalgata" dirixidas ambas las dúas no exilio porteño, polo nomeado Lourenzo Varela.


12/02/2009 20:19

Inmigrantes Senegaleses na Arxentina amosan a existencia dunha política de acosamento racial

  Dúas asociacións o "Colectivo Pola Diversidade" e o "Centro de Estudos Legais e Sociais" denuncian o asedio a prol da única angueira ca ten a man estes inmigrantes, a venda de bixutería nas rúas, na meirande parte deles refuxiados políticos e vítimas das liortas raciais nos seus países. Xustifican as denuncias na estatística ca reflicte que o cincuenta por cen dos acusados da venda ilegal nas rúas pertencen ao colectivo de inmigrantes e refuxiados de Latinoamérica e África, e fan a solicitude á fiscalía dunha decisión política que impedise converter a vixilancia da actividade nas rúas nun perseguimento e acoso racial.


Galiza batasunizouse o domingo... e desbatasunizouse o luns
10/02/2009 23:52

Galiza batasunizouse o domingo... e desbatasunizouse o luns

Crónica do acontecido desde o seo da acción ridiculista "Bilingüismo, Mr. Marshall" que tivo lugar na mesma Alameda compostelá onde uns 3.000 manifestantes de Galicia Bilingüe, PP, Falange e outras organizacións afíns se preparaban para dar fondo e forma a unha suposta imposición do galego contra a que protestaría unha suposta masa social inexistente, e para -coa axuda dos medios de comunicación- lanzar as súas ben estudadas consignas vitimistas e criminalizadoras de todo ser discordante coas súas teses.


10/02/2009 13:45

Película TRELEW Na Revira

Esta sexta-feira as 20:00 na Revira


Extrema-direita espanhola manifesta-se em Santiago protegida pela polícia
09/02/2009 23:00

Extrema-direita espanhola manifesta-se em Santiago protegida pela polícia


8 de Fevereiro de 2009


Em Santiago de Compostela, uma manifestação a favor da supremacia do castelhano na Galiza, convocada em toda a Espanha, reuniu 1500 pessoas (alguns jornais espanhóis elevam esta cifra a 4000). O alvo do protesto é a supressão de direitos fundamentais dos galegos. Os convocantes, que exigiram a derrogação da legislação protetora da língua da Galiza, e pediram a segregação dos estudantes no ensino conforme à língua familar (galega ou castelhana), foram contestados por cidadãos galegos (250, segundo fontes policiais), convocados por diversos coletivos cívicos e culturais, apoio de organizações tão heterogéneas como a plataforma Causa Galiza, o centro social Revira, a organização juvenil Briga, a Mocidade pola Língua, o partido político Nós-UP ou o sindicato CNT.



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.