Coa presenza dos autores que asinarán os exemplares que estarán á venda, e persoeiros da cultura, autoridades, mailo Cónsul Uruguaio, a xuntanza será na sede da Asociación de Uruguaios "25 de agosto" da Coruña, o vindeiro sábado 15 de novembro na praza do Comercio 2 baixo, A Coruña, ás oito do serán.
Silvia Dutrénit Bielous, Eugenia Allier Montaño, Enrique Coraza de los Santos, son os autores do libro "Tempo de Exilios, Memoria e Historia de Españoles y Uruguayos"
O relato da comezo coa instalación das ditaduras e a violencia na américa latina, no feito do uruguai no ano 1973, os perseguidos saen na busca de refugio e seguridade, España nesas datas no xerme da transición, logo da morte do ditador Franco, representa a terra onde vir, para uns o exilio e para outros o retorno. A emigración e o exilio Español ó Uruguai dende o seculo dezanove ós finais de guerra civil máis a reversión dos setenta, de anfitrions a expulsados á experiencia do exilio. As paisaxes do universo dos exiliados dunha e outra banda, dos emigrantes e exiliados Españois e dos Uruguaios no exilio na España da liberdade.
Eduardo Rei Tristan, profesor de historia na Universidade de Santiago de Compostela, é o autor do libro "Memorias de la violencia en Uruguay y Argentina"
É unha aportación ó estudo dos procesos políticos padecidos polos dous países, unha serie de ensaios e testemuños dos actores principais daquelos anos violentos. A historia dos golpes militares, as ditaduras coa represión e o exilio, a reflexión, a lembranza que a sociedade fai na transición á democracia.
Un punto de vista novidoso pola conversa entre a analise e os testemuños acometidos no espazo do tempo e comparábel do Uruguai e Arxentina. Unha nova ollada a dous países cunha historia coletiva e estreitamente vencellados.
LigazónsTeléfonos: 696371135, 665939348, 685969413
rodelu25deagosto@yahoo.es