Sacade as vosas sucias mans da nosa tribo!! A Fundación Nacional do Indio do Brasil contratou un avión dotado dun sensor capaz de detectar a distancia a presenza humana pola temperatura do corpo , calcula que existen 39 tribos na zona máis mesta do Mato Grosso aínda non contactadas.
Dende os estudios Grozni e na frecuencia de ZIMMER103 chega unha nova e abrasiva edición de Ouveos na Noite , o podcast radioactivo en forma de misil antiaereo para derribar os avións que acosan ás comunidades indíxenas da Amazonia e da Galiza, Gz-represión stop é o berro da tribo nº 40 para evitar calquer tipo de contacto coa noxenta civilización occidental. Esgarros censurados, patrocianadores imposbles con matrículas falsas , valados costentos con histórico ouveo en tempo real dende o campo de batalla dun Marín en chamas. GZ-REPRESIÓN STOP!!