Foi o pianista de Astor Piazzolla e é autor de máis de cento cincuenta obras músicais.
O premio esta adicado á apertura e á innovación na difusión da música contemporánea e á creación vencellada ó dialogo entre o pasado e o futuro, cunha linguaxe compositiva dirixida ás audiencias da diversidade.
Ledo e moi agarimoso cos seus amigos españois, o mestre sentiuse impresionado polo premio que é considerado o Cervantes da música, o compositor Xerardo Gandini nado en bos aires no ano 1938, é autor de obras da música clásica, unha ópera "la ciudad ausente" baseada no libro do escritor arxentino Ricardo Piglia, asemade súa colaboración co grande Astor Piazzolla, finado no ano 1992.
Adicalle á composición até cinco horas ó día e lembra a súa época con Piazzolla coma o seu doutoramento musical, chega á música contravindo o desexo dos seus pais e amosa o pracer de tocar o piano malia o sufrimento da composición ata que xurde a idea creativa.
O premio que lle dera o ministro de cultura Cesar A. Molina, foi a ocasión da escoita de dúas obras de seu, nunha cerimonia protocolaria este porteño elixido entre máis de sesenta candidatos, ó premio adicado á apertura e á innovación da difusión da música contemporánea e á creación vencellada ó dialogo entre o pasado e o futuro, cunha linguaxe compositiva dirixida ás audiencias da diversidade.
Ditoso co premio, falou da súa impresión co desenvolvemento madrileño no eido da música, os seus auditorios e teatros, e laiase pola contra co abandono e a improvisación en materia cultural e o longo peche do teatro Colón en Bos Aires.