Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Créase o primeiro Club Lectura Virtual Universitario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O Club de Lectura Virtual Universitario Galicia-Norte de Portugal consiste nunha plataforma electrónica que sirve como punto de encontro da comunidade universitaria galega e portuguesa do norte, e á sociedade en xeral, para o fomento da lectura nas linguas da Eurorrexión.

Enviada por FCEER FCEER o 24/11/2008 14:44

A Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) colabora estreitamente coas seis universidades públicas de Galicia e do Norte de Portugal no desenvolvemento de proxectos comúns que contribúan ao fomento e divulgación da cultura galega e portuguesa, no ámbito universitario. Neste marco, créase o primeiro Club de Lectura Virtual Universitario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, contando co finanzamento da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

O Club de Lectura Virtual Universitario Galicia-Norte de Portugal consiste no desenvolvemento dunha plataforma electrónica que sirva como punto de encontro da comunidade universitaria galega e portuguesa do norte, e á sociedade en xeral, para o fomento da lectura en galego e portugués.

Na procura de novas liñas de actuación para o fomento e a posta en valor da cultura, no ámbito
universitario de Galicia e do Norte de Portugal, así como a súa divulgación rexional, estatal e internacional, a Fundación CEER detectou a necesidade de crear un lugar de encontro dos membros das seis universidades a ambos da fronteira, nunha temática con tantos puntos en común entre Galicia e o norte de Portugal, como é a súa literatura; un lugar onde o denominador común sexa a literatura galega e a súa análise, comprensión e coñecemento, xunto co estudio das súas semellanzas, diferenzas e influencias coa literatura portuguesa. O fin último destas actividades serán a divulgación e fomento da lectura no ámbito universitario.

A presentación do Club de Lectural Virtual Universitario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal terá lugar o vindeiro día 27 de novembro, ás 12:30h. no Salón de Actos do Instituto Compostelán, Arcebispo Xelmírez I.O programa do evento será o seguinte:
- 12:30. Apertura do acto e presentación institucional do Club de Lectura Virtual
- 13:00. Performance realizada por Espazo de Danza da USC
- 13:10. Debate da obra de teatro Lume/ Insomnio cós seus autores, Carlos Losada e Ruben Ruibal( Premio Nacional Español de Obra Dramática do 2007).

Para máis informactión contactar con: xestión@fceer.org


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Créase o primeiro Club Lectura Virtual Universitario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal