Aforradores españois alporizados polas novas e co desasosego ao respecto da conxelación dos diñeiros dos fondos de investimentos inmobiliarios do banco, máis de corenta mil investidores esíxenlle ao banco ca afronte co seu patrimonio a devolución dos cartos investidos no seu intre e que o banco perdeu coa caida da banca os EUA. Á falla de activos financeiros para se facer fronte as demandas dos aforradores chega á cantidade de tres mil millóns de euros.Tendo en conta que na Arxentina fica o Santander-Río as novas da península xeraron inquedanza e hoxe algunhas persoas están na dubida da estada dos seus diñeiros nas contas que ten no banco.
Aforradores españois alporizados polas novas e co desasosego ao respecto da conxelación dos diñeiros dos fondos de investimentos inmobiliarios do banco Santander, primeiro do país por imposicións e ganancias, procuraron onte o reembolso destes cartos polo banco e produciron mobilizacións e asembleas co fin de obter da entidade a devolución dos diñeiros investidos e que o banco perdeu coa caida da banca os EUA.
Máis de corenta mil investidores esíxenlle ao banco ca afronte co seu patrimonio a devolución dos cartos investidos no seu intre en fondos de investimento inmobiliario que a entidade pola súa banda investiu na banca americana e perdeu cando esta foi a creba. Á falla de activos financeiros para se facer fronte as demandas dos aforradores que chega á cantidade de tres mil millóns de euros, espallou a dubida nos principais analistas financeiros, que aínda pediron á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) a parálise do tramite que permitise ao Santander o bloqueo do retiro dos fondos polos investidores.
Na Bolsa de Madrid cun forte xeito vendedor as accións do banco Santander minguaron até o seis por cen logo da nova e reflectiu na caida do índice IBEX 35 por debaixo dos oito mil puntos porcentuais, no entanto existe a posibilidade da instalación dun curral financeiro ca deixara apresados aos investidores, abofé o banco deu a promesa da restitución dos diñeiros ao valor do investido co produto da venda dos inmobles nos que empregou unha parte do diñeiro dos aforradores.
Estes feitos convértense nun aceno para os investidores que lembran os acontecementos da Arxentina nas datas do nomeado "corralito" dos anos 2001-2002, tendo en conta que no país fica o Santander-Río as novas da península xeraron inquedanza e hoxe algunhas persoas pediron o restablecemento dos investimentos, ou están na dubida da estada dos seus diñeiros nas contas que ten no banco, polo medo que as limitacións á disposición dos fondos en España afecten ao banco no pais.