Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Inmigrantes Senegaleses na Arxentina amosan a existencia dunha política de acosamento racial

  Dúas asociacións o "Colectivo Pola Diversidade" e o "Centro de Estudos Legais e Sociais" denuncian o asedio a prol da única angueira ca ten a man estes inmigrantes, a venda de bixutería nas rúas, na meirande parte deles refuxiados políticos e vítimas das liortas raciais nos seus países. Xustifican as denuncias na estatística ca reflicte que o cincuenta por cen dos acusados da venda ilegal nas rúas pertencen ao colectivo de inmigrantes e refuxiados de Latinoamérica e África, e fan a solicitude á fiscalía dunha decisión política que impedise converter a vixilancia da actividade nas rúas nun perseguimento e acoso racial.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 12/02/2009 20:19

  A persecución polas autoridades do estado na Arxentina, e a discriminación social ca sofren os inmigrantes de Senegal entre outros foi a denuncia do "Colectivo Pola Diversidade" e o "Centro de Estudos Legais e Sociais", sobranceira sociedade pioneira na denuncia e na loita polos dereitos humanos no tempo de ditadura militar arxentina.

O asedio a prol da única angueira ca ten a man estes inmigrantes, na meirande parte deles refuxiados políticos e vítimas das liortas raciais nos seus países, é a venda de bixutería nas rúas, actividade que ten a estimanza de tarefa de subsistencia e non constitúe delito para as leis arxentinas.

A discriminación e o tratamento esgrevio da estrutura xudicial e administrativa na cidade de Bos Aires, o exercicio da forza polas autoridades policiais, malia a detención a mantenta co baseamento dos códigos contravencionais que regulamentan a venda ambulante de artesanías e enfeites nas rúas e no transporte público.

Para-las asociacións a devandita tarefa non é delito, senón un quefacer con fin de subsistir, salientan que só uns poucos feitos chegan ao xulgado e semellan unha creba económica para os inmigrantes xa que a aldraxe e a perda da mercancía. A maioría das catro mil actuacións fican só nun intre no ca os inmigrantes requírenlles a documentación coa escusa dun feito delitivo e son achegados ao xuíz que rexeita o proceso e devolve aos acusados ás rúas.

Xustifican as denuncias na estatística ca reflicte que o cincuenta por cen dos acusados da venda ilegal nas rúas pertencen ao colectivo de inmigrantes e refuxiados de Latinoamérica e África, e fan a solicitude á fiscalía dunha decisión política que impedise converter a vixilancia da actividade nas rúas nun perseguimento e acoso racial, piden tamén o fornecemento das funcións das defensoras contravencionais na asistencia ás persoas acusadas, xa que no feito dos inmigrantes senegaleses destacan a falla dun tradutor.


4,67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: