Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A cantos sinten Amor pola Terra !

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de A cantos sinten Amor pola Terra !

A cantos sinten Amor pola Terra !

Case nunca pasa nada… somentes a vida que se vai...!

= 28.071
  Votos en Branco = A Cuarta Forza Electoral de Galicia ?

= 23.796  Votos UPyD = O Cuarto Partido Político en Galicia ?

= 15.223
  Votos Nulos = Fartos de mentiras en Galicia ?

Enviada por Erasmo Erasmo o 16/02/2009 22:23

É cando menos reconfortante escoitar a quenes meses atrás tiñan a patente de galeguidade abrirse ós que amamos esta terra para pedir confianza na renovación política do nacionalismo galego.  

Lembro un dito da miña nai cando alguén dáballe explicacións que ela non pedira, sempre engadía con retranca: ‘disque o galego, sempre ten o acordo tarde’.   Referirse ó ‘galego’ coma estranxeiro na súa terra, era o xeito de dicir que cando algúns ían, ela xa viña de volta.   Que o importante era que cada quen gobernara a súa vida, e que non viñeran agora con agasallos que ninguén pedira a facerse os mansos, cando ben sabiamos todos que non o eran.  Bendita sexa a sabedoría popular desta terra milenaria.  

Seica agora imos todos ser un, imos botarlle un pulso ó mundo enteiro se fai falla, pero o que non podemos é recuar: tódolos galegos e galegas amantes da súa terra van ter que facer un esforzo para que volvan gobernar o BNG e o PSOE que tanto nos dan.  

Nin siquera a miña nai o entendería, e iso que vai para os 91 anos disfrutando de boa cabeza e co sentidiño todo.  Meu fillo non penses que van vir os de fóra a facer nada por ti, traballa no que teñas diante, e resolve os problemas sen molestar a ninguén.  

Cantos consellos deixamos ir… os mesmos que eu agora daríalle a quen os quixera recoller: ¿se galegos e galegas amantes desta terra somos moitos (somos todos) a qué ven poñerlle condicións para que mostren a súa sintonía cun goberno que mirou para outro lado ben lonxe do territorio?  

Un goberno nacionalista hipotecado a acordos electorais e políticos con Galeuscat, aínda doe non ter representante algún no Parlamento Europeo dende aquela coalición infame; un cogoberno ocupado en blindar as xubilacións douradas para os que nel participaron nestes 3 anos e medio, como se os demáis non tiveramos direito ós réditos dese poder de lexislar que tiveron co noso apoio; disque miraban pola terra cara unha modernización industrial sospeitosa, cando menos, de destruir o capital natural e social preservado por séculos de esquecemento.  

Nestes 3 anos e medio, chegaron os herdeiros a malvender a facenda deste pobo.  E se ben aínda nalgúns casos podemos recuar, noutros vai ser dificil dar a volta cando tódolos proxectos ‘megalómanos’ están xa consolidados i en marcha.  

Cando alguén dí que o amor pola terra é o que nos une, ten que dicir tamén que ese amor foi traizoado nestes 3 anos e medio de goberno derrochón e megalómano, e sen dúbida, debera dicir que de sabios é rectificar…
Mais non rectifican.  

Mostran a súa impúdica imaxe en tódolos medios de propaganda do territorio, como se os galegos e galegas fóramos parvos e tivesen que recordarnos nas vallas, no tren, no bus, nas cabinas telefónicas, baixo cada farola… quén vai ser o salvador da nósa terra.  

Ateigan os espacios rafiofónicos e televisivos, enchen a Internet de falsos foros participativos nos que só se escoitan consignas reiteradas e xa ninguén fai caso deles…  pois falar tíñase que falar antes de actuar coma fixeron.  

Seguimos estando na rúa… domingo tras domingo en Santiago milleiros de galegos e galegas estamos a dicirlles o mesmo: que fagan favor de escoitar.  

E eles ó seu: de mitin en mitin, péchanse en campañas ben organizadas para prometer todo o que non están siquera dispostos a cumprir… e aínda por riba bótannos a culpa ós que non estamos pola labor de seguir a tirar dun carro que xa vai escangallado, pola costa abaixo dunha crise na que eles –os políticos- tiran tallada sen escrúpulos.  

¿Como sair deste remuíño sen afogar?
 

Pois como se sae dos remuíños, con moita tranquilidade, deixándose ir ata revirarnos para poder chegar á ribeira deste río revolto que quere levarnos cara abaixo sen remedio.  

Para RESISTIR cómpre abandoar calquera mitin, apagar as radios e televisores cando falen de cousas que non entendemos nin queremos entender, deixar morrer os foros da Internet nun silencio ‘conmovedor’, renunciar a sermos comparsas desta festa da democracia sen Cidadanía.  

Para RESISTIR mellor dicir o que pensas e non calar o que ves… agora é o momento de poñer en claro os réditos acadados nestes 3 anos e medio de silencios forzados por unha Administración que disque estaba colapsada polas demandas da Cidadanía mais que sempre tiña preparada unha carta pro-forma para responder en branco ás nosas xustas demandas.  

Para RESISTIR en canto non teñamos mellores representantes, unha de dúas, ou votamos a quenes na vida pisaron o Pazo do Hórreo,  sempre podemos dar de comer ó famento; ou disfrutamos das praias antes de que se convirtan en granxas de rodaballos que nin siquera imos catar; ou mellor aínda podemos recuperar vellos roteiros nos montes de Galicia antes de que cheguen as excavadoras a desfacer o traballo dos devanceiros.  

Deixar as urnas baleiras non sería mala cousa por un día. 

Se alguén sinte que non queda suficientemente representada a súa PROTESTA pode achegarse o 1 de Marzo e depositar no sobre un chisco de aire limpo que decida o rumbo desta terra.  

Podemos facer moito… sen facer NADA!!!  

RESISTENCIA  e   DESOBEDIENCIA CIVIL!!!  

Galegos e galegas SOMOS TODOS!!!


2,6/5 (35 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A cantos sinten Amor pola Terra !