Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Insecticidas neurotóxicos na nosa alimentación e na natureza

¿Por qué se nega o Goberno español a seguir o exemplo de Francia, Alemaña, Eslovenia e Italia en prohibir cautelarmente os insecticidas neurotóxicos?Estos paises suspenderon cautelarmente estos pesticidas depois da morte masiva de abellas. Este é un exemplo de como as abellas poden advertinos de perigos inminentes para a nosa saúde.

Enviada por XMDURAN XMDURAN o 26/02/2009 13:55

Actualmente o uso dos pesticidas neo-nicotinoides como son o imidacloprid, acetamiprid, tiacloprid, nitempiran e outros como a clotianidina, spinosad e friponil, de acción neurotóxica, están sendo utilizados xeneralizadamente en España. Estos pesticidas teñen efectos colaterales moi graves xa que atacan tamén  os insectos beneficiosos entre os que se atopan a maioría dos polinizadores, destacando a crecente desaparición das abellas. De feito os correspondientes rexistros oficiais do Ministerio expresan textualmente a súa perigosidade para abellas e artrópodos beneficiosos (ver documentación 1). Estes mesmos pesticidas foron suspendidos cautelarmente en 2003 en Francia por ser especialmente perxudiciais para as abellas, foron prohibidos en 2008 en Alemaña (ver documentación 2), Eslovenia e Italia (ver documentación 2) por ser os responsables da morte masiva de abellas e de outros polinizadores silvestres. Sin embargo en España, a pesar de que as distintas administracións negan ou minimizan o seu uso, son recomendados encarecidamente, como veremos a continuación, polos técnicos do Ministerio, C.C.A.A.,  e das Organizacións Agrarias profesionais e tamén por la industria farmacéutica que fabrica ditos pesticidas. En Galicia estos neurotóxicos son utilizados de forma xeneralizada e principalmente na semente do millo (ver documentación 3), actuando como sistémico e contaminado a planta por dentro cuando ésta xermina. Outra aplicación xeneralizada e que fai que o pesticida viaxe largas distancias e a fumigación de eucaliptos contra unha das plagas de esta árbore e cuio uso foi promocionado pola Estación Fitopatolóxica de O Areeiro (ver documentación 4), dependente da Deputación de Pontevedra (ver documentación 4) e publicado nunha revista do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino (ver documentación 4). En Andalucía, Extremadura, Castela-A Mancha, Castila-León, País Vasco, A Rioxa e Navarra, a maior parte da remolacha azucarera colleitada posee na súa semente pildorada varios insecticidas neurotóxicos entre os que está o imidacloprid (ver documentación 5) e sendo recomendado o seu uso por Asociacións profesionais do sector como AIMCRA (ver documentación 5) e que supuxeron 85.516 Ha cultivadas en 2006 (ver anuario Ministerio 2007). O seu uso está incentivado por varios artigos técnicos publicados na revista de Sanidade Vexetal do Ministerio (ver documentación 6). En canto á plantación de olivos en Cataluña, País Vasco, A Rioxa, Aragón, Madrid, Baleares, Castila-León, Castila-A Mancha, Extremadura, R. Murcia, Andalucía, C. Valenciana e Canarias, éstos son fumigados por medios aéreos (ver documentación 7) con imidacloprid e outros insecticidas diseminando o pesticida en grandes áreas. O uso do imidacloprid para estas fumigacións é recomendado polos técnicos oficiais da Xunta de Extremadura (ver documentación 7), da R. de Murcia (ver documentación 7) e a Xunta de Castila-A Mancha (ver publicación), facendo así publicidade gratuita a estos pesticidas. Incluso se chegan a publicar na revista de Sanidade Vexetal do Ministerio varios ensaios con imidacloprid e spinosad en Andalucia (ver documentación 7) anunciando o seu bo resultado animando así o seu consumo. A superficie destinada a olivar en España foi de 2.483.687 Ha en 2006 (ver anuario Ministerio 2007). Incluso os técnicos do Concello de Málaga fumigaron con imidacloprid varios parques públicos de Málaga contra unha plaga que afectaba as palmeiras (ver documentación 7). Existe tamén no mercado un producto insecticida a base de imidacloprid para a semente do arroz e tamén para a súa fumigación con medios aéreos (ver documentación 7). Con estos datos non é de extranar que aparezcan residuos de varios pesticidas entre os que está o imidacloprid nas auguas subterráneas da vega media do Segura (Murcia) (ver documentación 8) e no  que se expresa que o imidacloprid é un dos insecticidas máis usados según a Consellería de Agricultura, Augua e Medio Ambiente. Pero pode ser preocupante a súa presencia nas hortalizas de Almería xunto con un coctel de otros pesticidas e de cuias análises  o Ministerio ten constancia xa que participou na análise das mostras a través do Centro Nacional de Alimentación (ver documentación 8). Ou nas nectarinas e melocotóns valencianos que resultaron conter imidacloprid según un estudo realizado pola Facultade de Farmacia da Universidade de Valencia (ver documentación 8) ou as peras, patatas, fresas, laranxas e melóns procedentes da Comunidade Valencia e analizadas según outro estudo dos mesmos autores. Preocúpanos tamén a presencia de imidacloprid e friponil nas auguas superficiais dos afluentes do río Xubia en Ferrolterra (ver documentación 8). A presencia dun coctel de pesticidas no ambiente e na alimentación , ainda que en cantidades inferiores o seus límites máximos, é un tema que preocupa a varios grupos de investigación en Europa (ver Red de Excelencia Europea www.cascadenet.org) xa que os efectos das mezclas de distintos pesticidas poden ser perxudiciais para a saude e sobre o que habería que aplicar o principio de precaución. A cantidade de pesticidas comercializados en España en 2007 según AEPLA (ver documentación 9), asociación que agrupa ás principais industrias farmacéuticas do sector entra as que están Bayer, Basf, Syngenta e Monsanto, e cuio resultado foi de 94.742 Tm de pesticidas vendidos (575 millóns de €) das que 16.519 Tm foron insecticidas que xeneraron 142 millóns de €. Según o Ministerio (ver anuario 2007) o negocio dos pesticidas moveu 788 millóns de € dos que 200 millóns de € foron insecticidas. É de esperar que tal cantidade de pesticidas sexan empregados por alguén e os seus residuos contaminen as plantas e as auguas das que se alimentan tamén as abellas. E posto que elas son máis sensibles que nos a este tipo de contaminación é de esperar que tamén desaparezan antes que nos xa que non é posible tener abellas sanas nun medio ambiente enfermo (ver Marla Spivac 2006). É máis ilustrativo o comparar estas cantidades co número de persoas. Considerando a poboación española o peso de pesticidas vertidos á natureza equivale a 2 Kg de pesticidas por persoa. Pero no caso andaluz equivaldría a 3,6 Kg por habitante de Andalucia.   Un último dato a tener en conta sería a producción total de mel en España y que en 2007 fué de 30.661 Tm que supuxeron 77 millóns de € (ver anuario Ministerio 2007). Se sólo os comparamos cos 788 millóns de € que supuxeron os pesticidas queda claro quén move a economía (quén paga o baile pon la música). Pero na conta de resultados das grandes compañías farmacéuticas os costes medioambientais e a saúde humana son cero. Si realmente os técnicos das CC.AA, do Ministerio e das Organizacións Profesionais Agrarias contabilizaran estos costes o negocio dos pesticidas xa non sería tan rentable. A falta de traballos científicos na liña de calcular os beneficios económicos da polinización e si extrapoláramos a España o trabajo de  Losey y Vaughan, 2006 “The Economic Value of  Ecological Services Provided by Insects” o valor real das abellas podería superar os 1.000 millóns de €, moito máis que o seu beneficio directo. Pero hasta que se atope a manera de cobrar una tasa ás abellas éste valor será tan real como intanxible pero non por elo menos certo.   Despois de todo o exposto a pregunta inicial pode xa responderse.
Toda a documentación pódese consultar en www.pesticidasnongrazas.org
 


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Insecticidas neurotóxicos na nosa alimentación e na natureza