Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: incendios

22/Xullo/2010 /

Os recortes da Xunta en materia de prevención de incendios poñen en perigo os montes

Alertan de que o executivo prima a inversión en medios de extinción sobre a propia prevención e exixen unha mellor planificación e xestión forestal.


25/Xuño/2010 /

A Xunta deixa a investigación do lume forestal nas mans das forzas policiais do Estado

As brigadas propias, que se crearan hai nove anos, están a ser desmanteladas: non se cobren vacantes e non reciben o material preciso.


28/Abril/2010 /

Ademais da privatización da loita anti-incendios, contrato "cantado"

Hai un mes que a CIG-Autonómica prognosticou o nome da empresa que se confirmou "agraciada" co contrato. Exemplo din, do "clientelismo" da consellaría de Medio Rural.


24/Marzo/2010 /

Pasos para privatizar a loita contra o lume

Unha empresa privada asumirá traballos de coordinación e deseño dos plans de extinción. A Xunta nega que esta cesión de funcións sexa novidosa.


3/Marzo/2010 /

Ás portas da primavera, sen noticias de cambio na estratexia contra o lume

Os traballadores dos servizos de prevención e extinción de incendios da Xunta critican os incumprimentos do Goberno


13/Outubro/2009 /

Ardeu menos grazas ao bipartito, a Juárez ou a San Pancracio?

O conselleiro ve un cambio de tendencia. PSdeG e BNG recordan as medidas que deixou o bipartito e agoiran retroceso se o PP teima na desprofesionalización do servizo anti-incendios.


Controlado o lume nos Ancares
13/Setembro/2009 /

Controlado o lume nos Ancares

As lapas arrasaron desde a madrugada do venres ao sábado 130 hectáreas do municipio de Cervantes.


Dous incendios arrasan 100 hectáreas na Serra dos Ancares
12/Setembro/2009 /

Dous incendios arrasan 100 hectáreas na Serra dos Ancares

Os lumes rexistráronse na madrugada do venres ao sábado na parroquia de San Fiz de Donís, en Cervantes.


24/Agosto/2009 /

Máis de 20 mil persoas evacuadas na área metropolitana de Atenas

Os medios locais fanse eco das denuncias de que a intencionalidade dos incendios estaría motivada pola intención de urbanizar as áreas afectadas.


20/Agosto/2009 /

As cifras dos lumes, como os cantos de reis: se cadra para o Nadal

Deica fin de ano non haberá datos polo miúdo. "Canto máis presenza mediática ten o tema, máis risco de incendios hai", argumentan desde a Xunta.


17/Agosto/2009 /

"Ocultismo e descoordinación" cos lumes, di o PSdeG, "recorden o verán de 2006", retruca o PPdeG

A oposición ve un dispositivo "insuficiente" e mal coordinado. O PP denuncia "cinismo" e recorda os mortos na vaga de lumes de 2006.


30/Xullo/2009 /

'Agardando que chova?', pregúntanlle as brigadas anti-incendios ao Goberno

Os sindicatos denuncian a inexistencia de planificación e desidia na prevención desde o cambio na Xunta e critican que o presidente "bota balóns fóra".


15/Xullo/2009 /

O incendiómetro de Adena avisa do elevado risco de lumes

O estudo anual deste colectivo sinala a elevada vulnerabilidade que manteñen os bosques do país.


10/Xullo/2009 /

A supresión de axudas forestais "incrementa o risco de lumes"

Os nacionalistas subliñan que a posta en valor do monte é clave na loita contra os incendios. Medio Rural responde que aplica o sistema "herdado" do bipartito.


17/Xuño/2009 /

O Goberno ve inviábel a modificación do cadro de persoal contra incendios

A Consellería de Medio Rural non ve posíbel unha mellora no sistema de contratación de Seaga, a menos dun mes de comezar a campaña contra o lume.


9/Xuño/2009 /

Máis persoal e máis cartos na loita contra incendios

A Xunta incrementa o gasto en dous millóns de euros e o persoal en 38 brigadas. Mentres, Seaga mantén a súa convocatoria de folga para o vindeiro xoves.


15/Maio/2009 /

Absolven os catro brigadistas acusados de prender lume

O xurado popular aduciu "falta de probas" para declarar non culpables aos veciños de Fonsagrada membros da brigada de incendios.


Lume
11/Maio/2009 /

Piden un total de 16 anos de cadea para os brigadistas acusados de prender lume

Aos catro acusados impútaselles un presunto "delito continuado de incendio intencionado" mentres a defensa pide a libre absolución.


13/Marzo/2009 /

Os incendios deixaron perdas dun mínimo de 250 millóns de euros

Un estudo de Caixa Galicia analiza con perspectiva económica a riqueza paisaxística e forestal do patrimonio natural galego.


12/Marzo/2009 /

Fragmentación da paisaxe e crise soben o risco de incendios

Tales serían algúns dos factores máis determinantes que fan a Galiza zona prioritaria de alerta fronte ao lume, segundo o último informe científico.