Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Denuncia da CIG

Ademais da privatización da loita anti-incendios, contrato "cantado"

Hai un mes que a CIG-Autonómica prognosticou o nome da empresa que se confirmou "agraciada" co contrato. Exemplo din, do "clientelismo" da consellaría de Medio Rural.

Redacción - 11:15 28/04/2010

"Un traxe á medida". Deste xeito cualificaran xa desde a CIG o prego de cláusulas administrativas e de condicións técnicas que finalmente deu na empresa Consultora Natutecnia SL como adxudicataria provisional de dous dos tres lotes do concurso de contratación do "servizo de optimización da prevención de incendios forestais mediante a planificación estratéxica e a coordinación operativa".

Para a CIG-Autonómica, que hai un mes publicara na súa web o prognóstico da empresa que se beneficiaría deste contrato, a confirmación agora coñecida demostraría "a política clientelar que segue esta consellaría cando ata en concursos por procedemento aberto se sabe quen vai ser o adxudicatario". Un contrato "cantado", láianse.

Privatización e "a dedo"
Para a formación sindical non só o procedemento administrativo "deixa moito que desexar" senón que o propio contrato en si é exemplo do modelo político de xestión que a actual Xunta promove, neste caso a través da consellaría de Medio Rural. "Privatizan funcións derivadas do exercicio das competencias que deben recaer sobre os órganos directivos da consellaría, como son a planificación estratéxica e a coordinación operativa", critican.

A CIG-Autonómica estudará as accións legais a emprender ante o que entende como unha burla aos principios que rixen a contratación pública e un uso abusivo das asistencias técnicas para realizar tarefas de carácter estructural propias dos órganos directivos da consellaría.


4,14/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: