Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aseguran “cumprir a legalidade”

O Goberno ve inviábel a modificación do cadro de persoal contra incendios

A Consellería de Medio Rural non ve posíbel unha mellora no sistema de contratación de Seaga, a menos dun mes de comezar a campaña contra o lume.

Redacción - 09:00 17/06/2009

A Consellaría de Medio Rural ve "inviábel" introducir unha modificación no cadro de persoal de extinción nestas datas -a menos dun mes do comezo da época de máximo risco de incendios-, e asegurou que esta decisión implicaría "un profundo e sosegado estudo".

En resposta á mobilización convocada esta cuarta feira en Compostela por UXT, CIG, CCOO e CSI-CSIF para rexeitar a contratación de persoal do dispositivo contra incendios a través de Seaga, a Administración reiterou que "respectará escrupulosamente a legalidade vixente respecto ao sistema de contratación" desta empresa pública. Nesta liña, lembrou que ese procedemento foi aprobado e ratificado polo Goberno bipartito.

"Unicamente están deixando de traballar aqueles empregados de Seaga aos que, en estrito sentido, extinguíaselles o contrato por finalizar a súa encomenda", subliñou Medio Rural nun comunicado para descartar que esas saídas de Seaga respondan a "unha decisión ideolóxica nin de xestión". Así, a Xunta insistiu en que non existe "ningunha novidade" nesta cuestión respecto ao sistema do Goberno anterior.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: