A iniciativa entrará en vigor en 2011 e estará limitada ao debate das mocións en Pleno. O seu emprego está excluído das sesións de control ao goberno.
Os sindicatos denuncian que abre a porta a que a lingua de apoio sexa só o español, redundando en que o galego non serve para certas materias.
Aseguran que a pregunta sobre a lingua materna é "tendenciosa", "tramposa" e "agocha intencións contrarias ao galego".
A Consellaría de Educación remitiu aos centros educativos o cuestionario no que as familias indicarán cal é a lingua materna dos fillos.
A retirada da consulta aos pais amola tanto os colectivos en defensa do galego, como os partidos da oposición como a Galicia Bilingüe.
Catro representantes da plataforma entrevistaranse con membros do Consello, do Parlamento, da Comisión Europea e da Unesco para informalos da política lingüística da Xunta.
Anxo Lorenzo adianta que “deixará claro” un reparto ao 50% até que non se introduza o inglés e chama a “pechar canto antes” o debate sobre a lingua.
Máis de 100 alumnos toman parte nun curso da USC sobre o ensino de segundas linguas en contextos académicos, o que revela un especial interese en cuestións de plurilingüismo.
As entidades de Galiza, Asturias, Euskadi, Cataluña, Baleares, Valencia, Aragón e Navarra asinan un manifesto para recoñecer a realidade das linguas minorizadas.
A secretaria xeral en funcións de Política Lingüística defendeu o "importante papel que xoga a mocidade para garantir o futuro do plurilingüismo".
Universidade de Vigo e Concello de Ourense volverán promocionar o ensino en galego como un xeito de abrirse ao mundo, tal e como recomendou o Consello de Europa.
En defensa do decreto sobre o ensino da lingua, ponse en marcha un proxecto que explicará en todo o país as vantaxes do plurilingüismo.
Os responsábeis de Política Lingüística de Cataluña, Euskadi e Galiza acordaron traballar por unha España multilingüe e pola igualdade de dereitos na UE.
Os responsábeis de política lingüística dos tres países asinarán este venres a 'Declaración de París' no marco do salón Expolangues.
De "barbaridade" cualifica o presidente do PP andaluz o argumento de que dominar linguas alén do castelán e o inglés, aumenta as capacidades laborais dun traballador.
O secretario de Organización do PSOE de Andalucía, Luis Pizarro, acusou o PP de "falsear a realidade" e lembrou que a iniciativa responde ás suxestións desde as propias Escolas de Idiomas.
A Conferencia Política do PSOE en Andalucía aprobou unha iniciativa a prol do plurilingüismo que en opinión dos socialistas andaluces aumentaría as oportunidades laborais dos cidadáns.
O Goberno do país publicou o primeiro catálogo de Linguas Indíxenas Nacionais que contén máis de 300 variantes.
Solicitaranlle ao Estado Español medidas de promoción da diversidade cultural tanto no ámbito educativo como nos medios públicos.
Coidan que o goberno español ten que facer campañas de pedagoxía social para que as diferentes linguas sexan valoradas.