O autor ferrolán, Alberte Momán, presentará o seu último libro de narrativa, 'O alento da musa', na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela
O Presidente da Junta da Galiza, Emílio P. Touriño, foi entrevistado ontem, 25/06/2007, no programa de Fátima Campos Ferreira, "Prós e Contras" na RTP. Duas coisas a salientar: Touriño falou em galego (! :)) e a RTP não legendou as suas falas (:) !)
ADEGA considera unha burla e unha chantaxe á sociedade a legalización da canteira “La Campa” de O Courel.
Contarán coa presenza do cónsul xeral de Cuba en Galiza. A asociación ABRIGA presentará a I Brigada ‘José Gómez Gayoso’. As charlas concluirán cunha grande festa cubana.
Som muitas as conclusons tiradas do última Clautro da Universidade de Santiago de Compostela.
O grave déficit no tratamento das augas residuais urbanas de moitos concellos, pon a Galiza á cola no cumprimento da Directiva de Augas no estado.
O xoves día 28 de xuño, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos de Compostela acollerá a presentación de 'O alento da musa', do escritor ferrolán Alberte Momán.
Neste acto intervirá, ademais do propio autor, o editor Xavier Paz.
As Chozas é unha aldea situada na Serra do Xuido, provincia de Pontevedra. As Chozas é tamén un proxecto de ecoaldea formado por 14 persoas e que actualmente se atopa en pleno proceso de construción sendo un banco de probas de deseño permacultural así como de técnicas de bioconstrución e outras técnicas sostibles. Ao longo dos meses de xullo e agosto realizaremos a seguinte serie de traballos e actividades. Invitámosche a participar se estás interesade@.
Esta decisión do Goberno galego vai en contra da orde xudicial de peche das canteiras dictada en 2002.
¿É así como imos promover o Desenvolvemento Sustentable na nosa terra?
As altas instáncias da política institucional galega começam a empregar o abecê do Processo de Bolonha.
Despois de 25 anos subvencionando con importantes sumas a fondo perdido a presenza do galego na prensa escrita, evidénciase que esta liña non funciona.
Estades convidados a participar na charla-denuncia da contínua represión e violación dos dereitos humanos que sofren, na que falará unha compañeira de Atenco, co fin dar a maior visibilidade posible ós durísimos ataques gobernamentais ó seu movemento popular.
Esta 24 de xuño é o Día Internacional contra a CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA. A electropolución é a exposición continua a campos electromagnéticos, principalmente liñas de alta tensión e subestacións eléctricas, así como antenas de telefonía móbil e sistemas Wifi-Wimax. Nesta data, organizacións de afectad@s e ecoloxistas queremos denunciar o medre insustentábel da electropolución pola proliferación descontrolada de infraestruturas eléctricas e redes de telecomunicación, que se está a convertir nun problema ambiental e de saúde. Porén, demandamos un cambio lexislativo profundo nas normativas que regulamentan este tipo de actividades.
Alto Minho celebra este sábado mais um ano a Festa do Lume Novo no Bairro de Catassol na Praça da Avda de Vila Verde.
Nesta ediçom contamos com a actuaçom estelar d´Os Veraneantes & Os Catro de Sempre.
Continua a campanha Conhece o teu Mundo que desenvolveremos durante o ano inteiro por toda a Galiza.
Compostela, 19 de xuño de 2007. O pasado 11 de xuño publicábase no DOG unha orde da Consellería de Medio Ambiente pola que se criaba o Exame do Cazador. ADEGA e a FEG (Federación Ecoloxista Galega) manifestan a súa sorpresa por este feito, xa que este documento estaba pendente de debate cos grupos ecoloxistas e na nota de prensa da Consellería afírmábase que o texto estaba consensuado con ambientalistas e cazadores, o que non é certo.
O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) vai organizar unha cacharela de San Xoán o vindeiro sábado, 23 de xuño. A cita será no parque de Belvís, moi preto da zona vella de Santiago de Compostela, a partir das 22:30 horas.O SXG invita a participar a todos os interesados, especialmente aos compañeiros da profesión, sexan afiliados ou non. Haberá sardiñas de balde e bebidas a prezos populares.
Faite ouvir! vannos ouvir, estamos fartos dos plantóns, do absentismo e do incumprimento das norvativas académicas.
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade do Campus d'A Coruña estan a desenvolver en varios centros unha campaña contra o sistema de control das impresións nas aulas net, este sistema estase a implantar en practicamente todos os centros e supón a concesión encuberta dun servizo que até o de agora xestionaba directamente a UdC.
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.
Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.