Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Libre Impresión!

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Libre Impresión!

Libre Impresión!

Os Comités Abertos de Escola e Faculdade do Campus d'A Coruña estan a desenvolver en varios centros unha campaña contra o sistema de control das impresións nas aulas net, este sistema estase a implantar en practicamente todos os centros e supón a concesión encuberta dun servizo que até o de agora xestionaba directamente a UdC.

Enviada por CAF CAF o 19/06/2007 14:36

Os CAF-CAEF do Campus d'A Coruña vimos de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas a prol da libre impresión e contra o sistema de control de impresións que se está a instalar nos centros da Universidade d'A Coruña:

- Porque supón a privatización dun servizo que xestionaba a Vicerreitoría de Calidade e Harmonización Europea, e que pasa a xestionar o Banco Santander a través dun convenio, sen ningún tipo de concurso público.

- Pola intromisión dunha empresa privada, o Banco Santander, na xestión das Aulas Net que: son recursos necesarios para o estudantado e que, ademais, están en centros que son públicos.

- Porque introduce, como chave da impresión, o moedeiro electrónico asociado ao carné universitario: sen as mínimas garantías de seguridade e confidencialidade de dados, xa que visualiza o saldo do moedeiro, sen ningún motivo, nin técnico nin de ningún tipo, mentres estás a imprimir; e, con menos xustificación aínda, se tivermos en conta que polo momento só se cobran as impresións a cor e isto tamén acontece coas de branco e negro.

- Porque as taxas universitarias e o financiamento público das universidades teñen que ser garantía da cobertura das nosas necesidades, sen intervención de terceiros con intereses que distan moito de ser os do estudantado desta Universidade.

- E por supor un control das impresions por alumna/o, entorpecendo a impresión de traballos, apuntamentos, etc, ademais de ser un primeiro paso cara unha limitación efectiva do número de copias por alumna/o.

Ante esta situación, os CAF-CAEF pedimos explicacións no Claustro do día 13 de Abril do presente ano e, a día de hoxe, non recibimos ningún tipo de contestación: nin do Reitor nin do Vicerreitor de Calidade e Harmonización Europea. Por isto chamamos ao estudantado a participaren desta recollida de sinaturas, para mostrarlles a negativa de todos nós á privatización da xestión dos servizos que todas e todos necesitamos e aos que temos dereito como estudantes da UdC.


Documentos

4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: