Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
30/05/2007 18:39

O Concello da Coruña debe solicitar o sobreseimento da causa contra os cidadáns imputados por defender o topónimo

Exixe unha indemnización desproporcionada cando foi a entidade local coruñesa a que incumpriu a lei e a que desperdiciou cantidades millonarias do patrimonio público


30/05/2007 16:57

O sospeitoso alcalde electo de Punxín

O ruxe ruxe mantén que o alcalde electo de Punxín polo PSOE non pode ter nada ao seu nome e que tivo problemas coa xustiza por mor dunhas letras.


Concentración en contra da tortura
30/05/2007 13:28

Concentración en contra da tortura

Amnistía Internacional convoca para este xoves 31 de maio un acto simbólico diante do consulado dos Estados Unidos. Ás 20h no Cantón Grande da Coruña.


Marcha Ciclonudista Mundial (tamén en Galiza)
30/05/2007 09:29

Marcha Ciclonudista Mundial (tamén en Galiza)

Chamamento Mundial. Sábado 9 de xuño. Espidos ante o tráfico, xustiza nas rúas.

Xustiza nas rúas, isto é o que demandamos con firme convicción e moi en serio, pero á vez con simpatía, pasando un bo momento. Os coches imponnos a súa lei: velocidade, prepotencia, malos fumes e violencia. Por iso ao desprazarnos en bicicleta cada día pola cidade convertemos a nosa mobilidade nun acto de desobediencia cotián. Se ademais, manifestámonos en bicicleta e espidos convertemos a desobediencia nunha protesta exemplar.

Denunciamos que as nosas rúas foron secuestradas polo coche privado que colapsa as cidades dexenerándoas en lugares hostís e perigosos. O coche mata e a súa impunidade escandalízanos. Demasiados intereses de multinacionais belicistas do petróleo e do automóbil están en xogo se cuestionamos isto.


A segunda prova dó Open de Galicia de Descenso disputarase esta fin de semá en Pontevedra
29/05/2007 22:47

A segunda proba do Open de Galicia de Descenso disputarase esta fin de semana en Pontevedra

Despois de varios anos de ausencia de competicións, o monte de A Fracha, todo un referente na historia do ciclismo de montaña, volta acoller probas do calendario galego.


29/05/2007 21:31

Tortícole lingüístico-electoral

Máis de 2.630.000 cartóns censarios, máis de 54.000 certificados de empadronamento, follas de instrucións e sobres (para o elector e para o presidente da mesa, para o voto por correo... Todo iso multiplicado por cinco en papeletas e sobres de votación, documentación electoral das mesas, documentación enviada a presidentes e vogais de mesa, millóns e millóns de violacións documentadas!! dos dereitos lingüísticos na Galiza.... E os colectivos e individuos defensores do galego mirando para outra banda!! Ataque de tortícole que lles deu a todos!


Conferência hoje em Alto minho
29/05/2007 11:03

Conferência hoje em Alto minho

Esta terça-feira, continuando com o Mês da Língua, teremos o prazer de ouvir o Director do Novas da Galiza, falando na conferência: Fazer jornalismo em galego-português, hoje.
Em Lugo às 20h00, no centro social Alto Minho - Rua Catassol, nº15 (S. Roque)


29/05/2007 09:08

Concentración no porto de Ferrol contra a Planta de Gas

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha concentración no Porto de Ferrol o 29 de maio ás 11:30 da mañá.


28/05/2007 18:16

Paremos o CAMBIO CLIMÁTICO: 3 de xuño, concentración nas Praterías

bannercc07.gif28 de maio de 2007. O vindeiro 5 de xuño celébrase en todo o mundo o Día Mundial do MEDIO AMBIENTE. Este ano, está adicado ás consecuencias do CAMBIO CLIMÁTICO. ADEGA convoca aos colectivos ecoloxistas e sociais de Galiza a unha concentración o domingo 3 de xuño ás 12h na praza das Praterías de Compostela. Paralelamente, o propio día 5 (martes) haberá unha conferenza sobre as consecuencias do cambio climático a cargo do profesor Francisco Díaz-Fierros. Como introducción, proxectarase o documental de producción galega "O Cambio Climático, o reto do século XXI". Será as 19h na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19 de Compostela).


28/05/2007 00:15

Cangas cambia de rumbo

J.E.Sotelo baixa ata os 8 concelleiros e será relevado no poder


28/05/2007 00:06

E o voto da poboación imigrante?

Ao redor de setenta mil imigrantes viven aqui con nós, en Galiza, veñen e participan na vida cotiá, no seu/noso Concello. No mundo sindical de clase obreira galega, na CIG xa son parte da Clase Traballadora Galega, e seguimos sen entender que non poidan participar nestes Comícios. A experiéncia é que hai imigrantes que xa non votarian, mais hai algunhas outras que veñen de participar en movementos de liberación nacional, xente de esquerda nalguns casos, e en moi alta porcentaxe saben que o PP NUNCA MÁIS. As leis de estranxeiria deseñadas por ese governo posicionaron á imigración como non votante a esa direita reacionária e fascista.


27/05/2007 17:39

Complemento Lingüístico Galego

O Decreto de Normalización do Ensino en Galicia debera contar cos profesionais docentes se quere rescatar a dignidade no uso do galego.


Panfletos do PP de Cervo chegan ás casas na xornada de reflexión
26/05/2007 21:51

Panfletos do PP de Cervo chegan ás casas na xornada de reflexión

Os escritos apareceron nas caixas de correo


25/05/2007 10:34

Corrente Vermella diante das eleccions municipais

As eleccións municipais son presentadas como a ferramenta para o control cidadán dos “políticos” e que atenden aos problemas máis próximos da cidadanía, lonxe dos acontecementos políticos xeraís.


24/05/2007 18:04

Piscifatoría de Mira (Portugal): as contas claras

capitan_pescanova.gif24 de maio de 2007. 700.000 € por cada posto de traballo: así calqueira fai negocio!. A macroacuicultura industrial resulta un investimento moi lucrativo para as grandes transnacionais do peixe como PESCANOVA ou STOLT. Aos baixísimos custos laborais derivados dunha cativa criazón de postos de traballo (a maioría en precario) hai que engadir as inxentes subvencións públicas para esta actividade. O investimento previsto na planta de Mira en Portugal vai situarse en torno aos 140 millóns de €. Destes, uns 45 millóns serán subvencións públicas directas, o que significa o 32% do investimento, sen contar coas subvencións indirectas para milloras tecnolóxicas, infraestruturas de distribución, rebaixas de impostos...).


23/05/2007 14:52

A desvergonza de "Air Comet" e súa correspondencia en "El País"

O pasado venres "Air Comet" decidiu mediante un simple correo electrónico suspender todos os seus voos entre os Estados Unidos e España. Ningunha información sobre este incidente apareceu nos medios de información nacionais.


Começa Conhece o teu mundo
23/05/2007 13:11

Começa Conhece o teu mundo

MDL inicia ciclo anual de conferências por todo o País. A primeira, em Ourense, com membros destacados do mundo da música. Conhece o teu mundo na música!


MDL quer português na secundária para o próximo ano
22/05/2007 01:10

MDL quer português na secundária para o próximo ano

MDL encoraja o professorado de secundária a solicitar para o próximo ano escolar a optativa de português no ensino.


Poñendolle voz a Rosalía
19/05/2007 00:51

Poñéndolle voz a Rosalía

Só hai unha maneira de facer que unha lingua estea viva: poñéndolle voz. E por que non poñerlle voz ás palabras de Rosalía?


Acceso libre á Universidade!
17/05/2007 20:58

Acceso libre á Universidade!

Os Comités Abertos de Estudantes en colaboración cos Comités Abertos de Escola e Faculdade estamos a desenvolver unha intensa campaña nos centros de ensino medio e superior da Galiza contra os atrancos académicos para o acceso ao ensino superior e pola supresión da Selectividade e a Limitación de Prazas.

Acceso libre á Universidade!
Nin Límite de Prazas,
Nin Selectividade!



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.