Estades convidados a participar na charla-denuncia da contínua represión e violación dos dereitos humanos que sofren, na que falará unha compañeira de Atenco, co fin dar a maior visibilidade posible ós durísimos ataques gobernamentais ó seu movemento popular.
A Coordenadora de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres, en solidariedade co pobo de Atenco e coa Fronte de Pobos en Defensa da Terra, CONVÍDAVOS a participar na charla-denuncia da contínua represión e violación dos dereitos humanos que sofren.
Contamos co testimonio dunha compañeira de Atenco, que ó berro de "Atenco non se vende", ten como fin dar a maior visibilidade posible ós durísimos ataques gobernamentais ó seu movemento popular, como aconteceu en maio de 2006. Este acto terá lugar o luns, ás 19:30 horas, na Casa das Mulleres (r/Romil, 20 - Vigo).
Resumo da situación no pobo de San Salvador de Atenco:
A fins do 2001 o Plan Puebla-Panamá expropiaba as campesiñas e campesiños de Atenco maís do 80% do seu territorio para a construcción dun aeroporto internacional. O pobo organizouse na Fronte de Pobos en Defensa da Terra, non pedían aumenta-lo ridículo prezo que o estado lles daba polas súas terras, pedían seguir vivindo nelas. A guerra do goberno mexicano contra as poboacións indíxenas e campesiñas de Atenco non ten tregua, así o exército e a policía atacaraas de novo, cando en maio de 2006 apoien ás reivindicacións das vendedoras de flores ó seren expulsadas do seu mercado de sempre para construir nel un grande supermercado multinacional. Nestes enfrontamentos morreu un mozo de 14 anos, 47 mulleres presas, 37 delas violadas, brutalidade e torturas ás centenas de persoas detidas.