Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Antes das autonómicas de 2009

Emigración pedirá a "urxente" depuración do CERA para poder votar en urna

O secretario xeral deste departamento, Manuel Luís Rodríguez, demandarallo o luns ao seu homólogo do goberno español.

Redacción - 19:20 27/06/2007
Manuel Luís Rodríguez

Manuel Luís Rodríguez

O secretario xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez, reunirase o vindeiro luns co seu homólogo do goberno español para reclamar a "urxente" depuración do Censo de Residentes Ausentes (CERA), e proceder ás reformas lexislativas que permitan aos emigrantes votar en urna nas vindeiras eleccións autonómicas, previstas, se non se produce un adianto electoral, para o ano 2009.

Segundo informou esta cuarta feira a Secretaría Xeral de Emigración, na xuntanza co director xeral de Emigración do Ministerio de Traballo español, Agustín Torres, en Madrid, Manuel Luís Rodríguez formulará "a necesidade urxente" de realizar unha "depuración definitiva" do CERA. Actualmente, hai inscritos 319.074 galegos, mais poderían superar o medio millón coa entrada en vigor da reforma que outorgará a nacionalidade aos netos de emigrantes.

As tres forzas políticas con representación no Parlamento, PPdeG, PSdeG e BNG, iniciaron o estudo da reforma do voto emigrante na comisión constituída o pasado 4 de xuño. Porén, os nacionalistas abandonaron a ponencia dez días despois, acusando a socialistas e populares de compadreo e de falta de vontade política "para reformar a lei antes das eleccións xerais de 2008, e que non se teña que repetir o que vivimos nas municipais".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: