Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Decisión da comisión deste xoves

PSdeG e PPdeG deixan a reforma do voto emigrante en 'stand-by'

Carlos Aymerich sinala que o BNG "non vai construír co PSOE e co PP unha cortina de fume que tape o bochorno" do sufraxio exterior.

Redacción - 13:05 21/06/2007

Os representantes do PPdeG e do PSdeG na comisión que estuda a reforma do voto emigrante -abandonada polo BNG a semana pasada- decidiron suspender os traballos temporalmente para, segundo sinalaron, agardar por unha hipotética volta dos nacionalistas á ponencia parlamentaria e porque os gabinetes xurídicos da Cámara están a estudar outras posibilidades para levar a cabo a reforma.

O BNG xa cualificou de "escusas" para non facer unha modificación en profundidade da lei. Neste senso, o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, asegurou que o "parón" da ponencia confirma que "populares e socialistas están xuntos" na concepción que do voto emigrante teñen, e que "é o BNG o que denuncia en solitario esta situación".

O BNG non volverá á ponencia

Ademais, asegurou que os nacionalistas "non imos construír co PSOE e co PP unha cortina de fume que tape o bochorno e o escándalo do voto emigrante". "É evidente que populares e socialistas queren seguir aproveitando o voto emigrante, e non ousan dicir que o que pretenden é que non se faga nada", engadiu.

A postura do BNG a este respecto, sinalan, é firme: "non imos volver á ponencia", dixo Aymerich, quen lembrou que foi o nacionalismo o que impulsou a creación deste órgano "para reformar a lei antes das eleccións xerais, e que non se teña que repetir o que vivimos nas municipais".


4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: