Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En agosto, a decisión definitiva

O Instituto do Ambiente avala o estudo de impacto ambiental para a piscifactoría de Mira

O goberno portugués aproba inicialmente o estudo de Pescanova sobre a factoría, e o proxecto pasa á fase de presentación pública e de alegacións.

Redacción - 14:30 19/05/2007
Dunas de Mira, onde Pescanova pretende construír a planta / António Campos

Dunas de Mira, onde Pescanova pretende construír a planta / António Campos

O Instituto do Ambiente portugués deulle o visto bo este venres ao Estudo de Impacto Ambiental (EIA) elaborado por Pescanova para a construción dunha piscifactoría nunha zona da Rede Natura, en Mira.

O organismo luso sinalou que "vai ser dada a autorización -preliminar- ao EIA, malia ser aínda necesarios algúns esclarecementos, pequenas dúbidas sobre o proxecto e a súa influencia na zona costeira". No entanto, segundo as mesmas fontes, ningunha destas peticións as que deberá responder a empresa van impedir que se lle dea luz verde a instalación.

Fase de alegacións
Agora, o proxecto pasa á fase pública de alegacións. O ministro de Ambiente deberase de pronunciar sobre a viabilidade do proxecto (Declaración de Impacto Ambiental) unha vez finalizado este prazo. A decisión coñecerase a finais de xullo ou en agosto, segundo indicaron fontes ministeriais.

O presidente da câmara local, João Reigota, amosouse convencido de que "esta aprobación é unha garantía de que o proxecto vai ir para Mira porque non ten ningún problema ambiental". "Naturalmente, cumpre toda a lexislación. É peixe, non é ningún tipo de contaminación. A rexión vai gañar e o país tamén", salientou.

Máis información no Jornal de Notícias e no Diario Economico.


3/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: