Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: espazo-galego

21/Abril/2008 /

Convocada a segunda edición do concurso literario "Contos no Mediterráneo"

O certame, dirixido a estudantes de galego ou portugués nos territorios de fala catalá, conta cun primeiro premio de mil euros.


24/Novembro/2007 /

O Espazo Galego dos Països Cataláns reabre as súas portas

Pretende actualizar a imaxe de Galiza en Cataluña e dar a coñecer as últimas propostas da nosa cultura.


19/Novembro/2007 /

Espazo Galego dos Països Catalans convoca unha xornada de reapertura

Despois de dous anos traballando, o colectivo reabre o seu proxecto nunha convocatoria coa arela de novas incorporacións, propostas e iniciativas.


13/Setembro/2007 /

Mario Regueira: "O papel da nosa produción literaria é unha eterna promesa"

A novela preséntase en Barcelona na Galería Sargadelos este sábado 15 coa presenza do autor, nun acto organizado por Espazo Galego. Unha entrevista de Ângelo Pineda.


23/Xullo/2007 /

I Repichoca Poética na Diada de Galiza coa poeta galega Alizia Fernandez

Un recital poético para celebrar o Día de Galiza con textos galegos e cataláns. Informa Espazo Galego.


7/Xuño/2007 /

Fallo da primeira edición do premio literario "Contos no Mediterráneo"

O pasado 25 de maio entregáronse os premios deste primeiro certame literario dirixido a estudantes de galego ou de portugués nos territorios de fala catalá.


22/Maio/2007 /

Homenaxe a María Mariño no II Ciclo "Galiza: nin rastro de mulleres?"

A 2ª parte do ciclo céntrase na figura de María Mariño e no fallo do I certame literario “Contos no mediterráneo”.


19/Abril/2007 /

Espazo galego colabora, con matices, no Sant Jordi da Plataforma per la Llengua

A Plataforma per la Llengua organiza por terceiro ano consecutivo a xornada xunto cunha vintena de entidades representantes da inmigración en Catalunya, entre as que está Espazo Galego, que colabora de forma crítica.


16/Abril/2007 /

II Ciclo "Galiza: nin rastro de mulleres?"

A edición deste ano ten coma eixo temático As mulleres como mediadoras sociais e contará con especialistas galegas e catalás, a mostra fotográfica da Marcha Mundial de Mulleres, o documental Palmas, sobre a comunidade xitana en Lugo, e un recital dedicado á María Mariño.


2/Abril/2007 /

Certame literario "Contos no Mediterráneo"

Espazo Galego e as facultades de Lletres e Traducció i Interpretació da UAB convocan un concurso de relatos que premia o estudo do galego e do portugués nos territorios de fala catalá.