Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
O 'CATALÀ', LINGUA COMÚN

Espazo galego colabora, con matices, no Sant Jordi da Plataforma per la Llengua

A Plataforma per la Llengua organiza por terceiro ano consecutivo a xornada xunto cunha vintena de entidades representantes da inmigración en Catalunya, entre as que está Espazo Galego, que colabora de forma crítica.

Informa: Espazo Galego dos Països Catalans - 12:00 19/04/2007

Os actos están enmarcados dentro da campaña de Acollida lingüística e terán lugar durante a diada de Sant Jordi, o día 23 de abril, na Plaça de Catalunya de Barcelona. O evento concrétase nunha grande acción destinada a destacar o papel do catalán como elemento de inclusión das persoas chegadas recentemente a Catalunya e pretende mostrar as diferentes caras dunha sociedade, a catalá, que tende cara á formas interculturais e que toma lingua catalá como un dos eixes vertebradores da diversidade.

Porén, Espazo Galego dos Països Catalans, que forma parte das entidades que colaboran na Campaña, manterá novamente este ano a decisión de non facer visible a súa participación no acto ao estar en desacordo co excesivo protagonismo adquirido por algunhas das administracións públicas patrocinadoras. Este posicionamento nace, principalmente, da insistencia dos representantes destas administracións en intervir publicamente na xornada, co único obxectivo de obter réditos de carácter político, feito que provoca, ademais, que as entidades organizadoras queden nun segundo plano.

Espazo Galego tamén manifesta a intención de continuar traballando, xunto ao resto de asociacións, na campaña de acollida lingüística promovida pola Plataforma per la Llengua.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: