Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
Xornadas o 19 e 20 de abril e o 25 de maio

II Ciclo "Galiza: nin rastro de mulleres?"

A edición deste ano ten coma eixo temático As mulleres como mediadoras sociais e contará con especialistas galegas e catalás, a mostra fotográfica da Marcha Mundial de Mulleres, o documental Palmas, sobre a comunidade xitana en Lugo, e un recital dedicado á María Mariño.

Redacción - 20:52 16/04/2007

O II Ciclo Galiza: nin rastro de mulleres?, organizado por Espazo Galego dos Països Catalans e mais o Lectorado de galego da UAB, dá continuidade ao ciclo que se iniciara o ano pasado. Está dividido en tres xornadas: as dúas primeiras xemelgas, o 19 e 20 de abril, na Universitat Autònoma e no Centro Cívico Drassanes de Barcelona, e a terceira o 25 de maio, na biblioteca do Centre de Cultura de Dones Francesca Bonnemaison.

Nas primeiras xornadas proxectarase o documental Palmas, que trata a problemática da integración da comunidade xitana en Lugo, con especial atención ás mulleres, e a continuación abrirase un debate e coloquio baixo título As mulleres como mediadoras sociais. Neste participarán Tareixa Otero Dacosta, representante da Marcha Mundial de Mulleres en Galiza e integrante do grupo Area Loura, Carme P. Granxeiro, directora do documental Palmas, Belén Puñal, xornalista e investigadora en comunicación e xénero, e Blanca Argilès, licenciada en Historia e Antropoloxía e mediadora cultural.

Tamén se presentarase a mostra fotográfica da Marcha Mundial de Mulleres, enviada desde Galiza, e que vai estar exposta de diversos períodos tanto na Universitat Autònoma como no Centro Cívico Drassanes e na Biblioteca Bonnemaison.

O último día do ciclo, as rapsodas vascas Ángela Serna e Pilar Corcuera, integrantes do grupo Xurxulak, farán un recital poético en honor de María Mariño. As rapsodas foran as encargadas de recitar poemas de poetas galegas do CD Pensando nelas, un proxecto do Lectorado de galego da Universidade do País Vasco que tamén vai ser presentado en Barcelona esta xornada.

A acto rematará coa entrega dos premios do concurso literario Contos no Mediterráneo, coa presenza do escritor Diego Ameixeiras.

Abaixo podes descarga o programa completo do acto co manifesto As mulleres como mediadoras sociais.

Programa do II Ciclo Galiza: nin rastro de mulleres?

Xoves, 19 de abril de 2007, 16 h

Universitat Autònoma de Barcelona - Bellaterra
Facultat de Lletres – Edifici B
Corredor de acceso ao Auditori (B7-B9) e aula 211

Presentación da exposición Marcha Mundial de Mulleres (B7-B9). Até o 19 de maio.
Documental Palmas de Carmen P. Granxeiro (211).
Debate-coloquio As mulleres como mediadoras sociais. Coa presenza de: Tareixa Otero Dacosta, representante da MMM en Galiza e integrante do grupo Area Loura, Carme P. Granxeiro, directora do documental Palmas, Belén Puñal, xornalista e investigadora en comunicación e xénero, e Blanca Argilès, licenciada en Historia e Antropoloxía e mediadora cultural.

Venres, 20 de abril de 2007, 19 h

Centre Cívic Drassanes
Nou de la Rambla, 43
Metro L2 Paral·lel / L3 Liceu ou Drassanes

Presentación da exposición Marcha Mundial de Mulleres. Desde o 16 até o 28 de abril.
Documental Palmas de Carmen P. Granxeiro.
Debate-coloquio As mulleres como mediadoras sociais. Coa presenza de: Tareixa Otero Dacosta, representante da MMM en Galiza e integrante do grupo Area Loura, Carme P. Granxeiro, directora do documental Palmas, Elisabeth Uribe, licenciada en Historia, Filosofía e Xeografía e coordinadora de interculturalidade e xénero, e Blanca Argilès, licenciada en Historia e Antropoloxía e mediadora cultural.

Venres, 25 de maio de 2007, 19 h

Biblioteca Francesca Bonnemaison
Sant Pere més Baix, 7 | Barcelona
Metro L1 Urquinaona

Recital poético en homenaxe a María Mariño (Letras Galegas 2007). A cargo de Ángela Serna e Pilar Corcuera, integrantes de Xurxulak.
Presentación do CD de poesía galega Pensando nelas. Entrega dos premios do concurso literario Contos no Mediterráneo. Coa presenza do escritor Diego Ameixeiras.
Aperitivo.

A exposición da MMM estará presente na B. Francesca Bonnemaison do 21 ao 31 de maio.

Espazo Galego dos Països Catalans e o Lectorado de galego da UAB son membros de Rede.cat.


Documentos

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: