Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: alakrana

20/Novembro/2009 /

A tripulación do 'Alakrana' chega sa e salva ás Seychelles

O patrón do atuneiro, Ricardo Blach, denunciou malos tratos por parte dos secuestradores somalís.


Cendón critica o interese de Occidente por "simplificar" o tema da 'pirataría' / Foto: I.G.C.
19/Novembro/2009 /

Cendón critica o interese de Occidente por "simplificar" o tema da 'pirataría'

O reporteiro galego, secuestrado en Somalia hai un ano, di que se quixo mostrar unha "historia de bos e malos", nalgúns intres, "sensacionalista".


18/Novembro/2009 /

A Xunta pide que o goberno español dea “explicación inmediatas” porque “as cousas non se fixeron ben”

O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, cre que é prioritario establecer medidas de seguridade para que non se repitan os feitos.


17/Novembro/2009 /

Rematou o pesadelo: Liberado o 'Alakrana'

O presidente do goberno español confirma (vídeo no interior) que os piratas abandonaron o atuneiro, que os mariñeiros xa están a salvo e que o Alakrana navega agora cara a augas máis seguras.


17/Novembro/2009 /

Dáse por feita a inminente liberación do 'Alakrana'

A axencia Reuters asegura que xa se pagou un rescate de 2,3 millóns de euros e que os piratas comprometéronse a finalizar o secuestro este mesmo martes.


9/Novembro/2009 /

O goberno español estuda extraditar os piratas detidos

O patrón do “Alakrana” confía en que as xestións políticas sirvan para desbloquear o caso.


8/Novembro/2009 /

Milleiros de persoas saen á rúa en Vigo en solidariedade cos secuestrados do Alakrana

Reclámanlle ao goberno español que devolva os piratas detidos. Mentres, os familiares repróchanlle aos políticos que usen o secuestro para "lanzárense reproches".


7/Novembro/2009 /

O PSdeG pídelle ao PP que non faga "oportunismo político" co Alakrana

O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, insta os populares a que "remen a favor da democracia".


7/Novembro/2009 /

A Xunta fai a súa propia comisión de seguimento do secuestro

Xustifícana na negativa do goberno español a integrar un representante da Xunta no gabinete de crise.


6/Novembro/2009 /

Defensa non descarta unha operación militar para intentar liberar os mariñeiros

O goberno español insiste en que ten localizados a todos os reféns e que lle consta que “están ben”.


5/Novembro/2009 /

O piratas ameazan con matar tres mariñeiros do "Alakrana"

Os secuestradores exixen que a Audencia Nacional libere os dous compañeiros detidos antes do vindeiro domingo.


5/Novembro/2009 /

Tres tripulantes do 'Alakrana' seranlles entregados ás familias dos piratas detidos en Madrid

A muller dun dos mariñeiros asegurou que, ademais, os piratas guindáronlle unha granada á fragata española situada nas proximidades.


23/Outubro/2009 /

A frota concéntrase en solidariedade coa tripulación do 'Alakrana'

Barcos de todo o país fixeron soar as súas sirenas ás 12.00 horas, mentres en terra realizábanse concentracións silenciosas.


4/Outubro/2009 /

Os tripulantes do Alakrana tranquilizan telefonicamente a seus familiares

Os mariñeiros, oito deles galegos, aseguran que de momento non recibiron mal trato por parte dos secuestradores.