Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
38 DÍAS DUN SECUESTRO

O goberno español estuda extraditar os piratas detidos

O patrón do “Alakrana” confía en que as xestións políticas sirvan para desbloquear o caso.

Redacción - 10:53 09/11/2009
Tags: Alakrana

Rodríguez Zapatero traballa nunha posíbel extradicción dos dous piratas somalís que permanecen nunha cadea madrileña. Nunha conversa telefónica con xornalistas, o patrón do “Alakrana”, Ricardo Blach, asegurou ter constancia de que o goberno español está disposto a repatriar os dous detidos a cambio da liberación dos 36 tripulantes do atuneiro.

En declaracións a TV3, Blanch confiou en que as xestión de Zapatero, que segundo el estaría dirixindo dende esta fin de semana o gabinete de crise, sirvan para desbloquear unha situación que xa dura máis de sete semanas.

O propio patrón do barco secuestrado recoñeceu que a situación é un pouco menos tensa e que comeza a vislumbrarse unha saída. Os piratas manteñen as súas peticións: un acordo económico e a volta dos piratas detidos para ser xulgados en Somalia.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: