Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Corno de África

Cendón critica o interese de Occidente por "simplificar" o tema da 'pirataría'

O reporteiro galego, secuestrado en Somalia hai un ano, di que se quixo mostrar unha "historia de bos e malos", nalgúns intres, "sensacionalista".

Redacción - 18:00 19/11/2009
Cendón, o 13 de xaneiro / Foto: I.G.C.

Cendón, o 13 de xaneiro / Foto: I.G.C.

O reporteiro galego Xosé Cendón confesou estar sorprendido porque os 'piratas' somalís "van sofisticándose máis" coa "campaña de comunicación" que cre que levaron a cabo no caso do secuestro do Alakrana.

Neste senso, considerou que "posibelmente, o 90% da información que dan é mentira". Ademais, Cendón -que estivo secuestrado en 2008 durante 40 días en Somalia e sobre o que escribiu o libro Billete de ida- apuntou que son "negociadores" que se "están a forrar" cos secuestros.

"Interésalles manter os secuestrados sans e salvos" porque son "mercadoría", dixo, e o seu negocio baséase na "credibilidade".

"Máis secuestros ca nunca"

Xosé Cendón criticou o interese dos países occidentais por "simplificar" a situación mostrando unha "historia de bos e malos" que é, nalgúns momentos, "sensacionalista".

Ao respecto, comentou que os 'piratas' son pescadores que se "rebelaron" logo de 18 anos en guerra e que rexurdiron "con máis forza" despois de que "EEUU decidise invadir o país en 2006 coa axuda de Etiopía, porque non gustaban do Goberno da Unión de Tribunais Islámicos, que pacificara Somalia".

Por iso, o reporteiro -que realizou estas declaracións na presentación dunha súa mostra en Valencia- rexeitou que a solución chegue "a canonazos", porque, "curiosamente, desde que se envían buques de guerra hai máis secuestros ca nunca".


5/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: