Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A segunda proba do Open de Galicia de Descenso disputarase esta fin de semana en Pontevedra

Despois de varios anos de ausencia de competicións, o monte de A Fracha, todo un referente na historia do ciclismo de montaña, volta acoller probas do calendario galego.

Enviada por clic-clic clic-clic o 29/05/2007 22:47

O 2 de xuño e o 7 de xullo, o pontevedrés monte de A Fracha acollerá sendas provas da especialidade de descenso, a vertente máis radical dó ciclismo de montaña.

As previsións da entidade organizadora, a PC Motobike de Pontevedra, para esta fin de semá, fan pensar nunha xornada de intensa festa das rodas gordas; pois o ritmo dos entrenamentos libres que se está a producir nas últimas semás, asegura unha numerosa participación, encabezada coa presenza dos corredores galegos máis punteiros da modalidade: os élite Jorge Aguín e Daniel Alvarez, ou os master 30 Manuel Verdía e Marcos Balbuena, xunto co xovencísimo Toni Pajuelo.

Ambolos dous circuitos programados, xa son vellos coñecidos de pilotos e afeccionados, pois neles disputáronse provas dó calendario galego e estatal fai algúns anos. Parcialmente remozados, seguen a manter os seus principáis sináis de identidade: velocidade e trazado asequible para a grande maioría. Esta segunda característica, a ausencia de dificultades extremas, é a que lle asegura todas as papeletas para obter un cheo absoluto en canto a participación, agora que o habitual son circuitos só aptos para uns poucos.


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A segunda prova dó Open de Galicia de Descenso disputarase esta fin de semá en Pontevedra