Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
No mes de maio

Nove de cada 10 correos electrónicos son lixo

O informe mensual de Symantec detectou un alarmante aumento das mensaxes non solicitadas e das webs infectadas.

Redacción - 09:00 01/06/2009

O correo lixo (ou spam) xa superou o 90 por cento de todo o correo electrónico, segundo o informe mensual de Symantec, compañía especializada en seguridade. O spam medrou un 5,1 por cento entre abril e maio, até o 90,4. E non é o único dato negativo da internet que aumentou.

Así, o informe MessageLabs Intelligence desvela que cada vez hai máis dominios bloqueados por aloxaren código malicioso, un 84,6 por cento máis que hai un ano, e as webs máis vulnerábeis son as relacionadas coas redes sociais. Tamén hai unha tendencia a infectar dominios máis antigos e coñecidos, mentres que as webs novas creadas especificamente para infectar computadores son rapidamente bloqueadas.

O informe tamén repasa o horario en que se envía máis spam, que coincide co horario laboral nos EUA e que, paradoxalmente, prexudica os usuarios europeos, que reciben correo lixo de xeito estábel ao longo do día. Tamén fallan cada vez máis os Captcha (esas letras e números revirados que tentan distinguir se o usuario é humano ou unha máquina).

O spam reduciuse momentaneamente no ano 2008 grazas ao peche dalgúns provedores de internet coñecidos por aloxar servidores maliciosos, pero, dende aquela, os piratas do correo lixo conseguiron recompoñer as súas redes.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: