Presuntamente argallado por spammeres, individuos adicados a facer escolma de correos electrónicos, a cantos máis mellor, para logo bombardear os enderezos recollidos con envíos masivos de publicidade non solicitada, este virus foi xa cualificado de perigo extremo polo Centro de Alerta Antivirus. O becho pode ademais facer buraco no computador que o acolle podendo facilitar o uso do equipo infectado para o envío masivo de novos correos. Chega co saúdo Hi no asunto e como moitos outros, cun arquivo adxunto .exe. Iso si, trae data fixada para a súa propia desactivación: o 28 de xaneiro.
.