Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En solidariedade con Santiago Vigo

Novo xaxún colectivo dos presos independentistas galegos

Decidiron botar outras 24 horas sen comer para denunciar a presunta malleira recibida a pasada semana polo mozo encarcerado en Aranjuez.

Redacción - 17:30 31/07/2008
O voceiro de Ceivar, Óscar Gomes, lendo o comunicado que pedía a "repatriación dos presos galegos"

O voceiro de Ceivar, Óscar Gomes, lendo o comunicado que pedía a "repatriación dos presos galegos"

Os catro presos e presas independentistas galegos han facer un novo xaxún colectivo de 24 horas (xa fixeron un primeiro o pasado mes de xuño) para denunciar a agresión da que presuntamente foi obxecto o mozo Santiago Vigo o pasado 22 de xullo na prisión de Aranjuez, na que se atopa dende decembro do ano pasado.

Acompañando a accións dos presos galegos, voluntarios e militantes do organismo antirepresivo Ceivar van, segundo contan na súa web, "transmitirlle á sociedade galega, por múltiplas vías, a situación de violencia continuada e excepcionalidade represiva que se está a producir en Aranjuez" que, din, "fai parte dunha estratexia máis ampla que se está a aplicar aos catro presos e presas independentistas galegos nos últimos meses".

O pasado 24 de xullo Ceivar organizou unha cadea humana para denunciar a "dispersión dos presos galegos" e pedir a "súa repatriación e liberdade". A acción, que se desenvolveu na Praza de Galiza, en Compostela, reuniu a varias persoas, que despois de unir as súas mans, comezaron un percorrido pola zona vella da cidade, cara a Praza do Toural, onde o voceiro de Ceivar, Óscar Gomes, leu un comunicado.

A iniciativa foi captada polas cámaras dos activistas de GzVídeos, que fixeron un interesante vídeo, que se pode visualizar a carón desta información, ou tamén na súa web.


4,9/5 (20 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O vídeo feito polos activistas de GzVídeos sobre a cadea humana organizada por Ceivar, baixado da súa web

A cadea humana percorreu a zona vella compostelá
A cadea humana percorreu a zona vella compostelá
Militantes de Ceivar sostendo unha faixa na manifestación de Causa Galiza, do Día da Patria
Militantes de Ceivar sostendo unha faixa na manifestación de Causa Galiza, do Día da Patria