Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acoso aos presos independentistas

"Se sodes galegos partímosvos a cara, dicide que sodes españois"

Integrados no módulo de menores de Alcalá Meco, os mozos detidos en decembro en Portosín sofren todo tipo de vexacións. A dirección do cárcere aínda non atendeu as reclamacións do avogado dos rapaces.

Redacción - 09:00 24/01/2008

Roubo de obxectos persoais, insultos, ameazas e golpes son parte da vida diaria na cadea de Xosé Manuel Sánchez e Santiago Vigo, os dous independentistas ingresados no cárcere o pasado mes de setembro. Así o denuncian desde o colectivo Ceivar, denunciando o acoso e agresión que sofren os rapaces, os únicos do módulo de menores presos por delito con vinculación política. A situación é especialmente tensa fronte ao resto de presos, con agresións producidas pola súa condición de independentistas e baixo frases como a que titula esta información. O colectivo Ceivar tamén se queixa do propio trato que lle outorgan funcionarios e dirección do centro penitenciario. "Retéñenlles o correo, non lles permiten facer chamadas, atrásanlles a autorización de visitas e mesmo lles prohibiron o único momento de respiro que tiñan no día, que era a saída a un recinto polideportivo", láianse.

En entrevista co director de seguridade do cárcere, o avogado de Xosé Manuel Sánchez e Santiago Vigo recibiu a comezos desta semana a promesa de que se atendería a queixa e asegurou que descoñecía a situación até o de agora.

Un mes na cadea
Xosé Manuel Sánchez e Santiago Vigo están presos en Alcalá Meco, despois de seren detidos o pasado mes de decembro cando levaban nun vehículo un artefacto explosivo. O xuíz da Audiencia Nacional Fernando Grande-Marlaska decretou poucos días despois "prisión incondicional" para os dous mozos. A Audiencia Nacional apúxolles un delito de pertenza a organización terrorista, outro de tenza de explosivos e un terceiro de conspiración para cometer estragos. Os mozos negaron que pertenceran á organización Resistencia Galega tal e como afirmaba a acusación.

Desde o colectivo Ceivar critican a belixerancia contra os rapaces aos que se lles atribúe a pertenza a unha organización "fantástica: non existe" e ven no acoso a Xosé Manuel e Santiago un exemplo do agravamento da presión policial e xurídica en función de prexuízos ideolóxicos. No mesmo marco "hostil" sitúan o acontecido este mércores en Galiza coa detención dos presuntos integrantes do Grapo, sen probas consistentes, "un deles un parapléxico" desvinculado desde hai anos dese grupo segundo defende a familia do detido.


4,66/5 (32 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: