Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Proceso de exemplarización represiva"

O goberno español endurece a súa estratexia contra os presos independentistas

Institucións Penitenciarias decreta que Ugio Caamanho non poida ser visitado pola sua compañeira sentimental namentres continúe na cadea.

Redacción - 13:00 18/04/2008

O pasado 12 de marzo coñecíase a orde do ministerio español do Interior para que os centros penitenciarios suspendesen parte das comunicacións telefónicas semanais dos presos políticos, reducíndoas só ás dos familiares directos (pais, nais e compañeiro ou compañeira).

Esta semana, segundo informa o colectivo Ceivar, volveuse producir unha nova redución de dereitos e de liberdades democráticas aos que están sometidos os independentistas galegos, espallados por diferentes prisións españolas.

Institucións Penitenciarias, organismo dependente de Interior, denegoulle esta semana á compañeira sentimental de Ugio Caamanho calquera tipo de comunicación, ben mediante locutorio ben a través do vis a vis, alegando "razóns de seguranza" malia que todas as visitas son gravadas e malia que con anterioridade a dirección da prisión Puerto I, en Cadiz, autorizara as visitas.

Preso de Especial Seguimento en 1º grao
Caamanho está clasificado como preso de Especial Seguimento en 1º grao, o que implica un extremo control e vixilancia, así como a imposición de importantes restricións. Ademais, vive diariamente encerrado nun habitáculo mínimo con contadas horas de patio.

Segundo Ceivar, "trátase de utilizar Ugio Caamanho para desenvolver un proceso de exemplarización represiva dirixido á militancia independentista galega e, por extensión, a toda a cidadanía deste país".

Resposta social e xudicial
Neste senso, critican a "suposta 'reinserción' da que fala o papel mollado das leis españolas", e anuncian iniciativas "en resposta ao novo ataque contra os dereitos humanos do militante galego que dirixiremos aos ámbitos xurídico e social", así como outro tipo de medidas de apoio.


4,86/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: