Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CENTENARIO DO NACEMENTO

O Concello de Ferrol promoverá a Carvalho Calero para o Día das Letras 2010

A concelleira de Cultura anunciou que recabará os apoios doutros concellos do país a prol da candidatura.

Redacción - 13:45 07/07/2008
Yolanda Díaz apoiou persoalmente que o Día das Letras 2009 estivese dedicado a Carvalho Calero

Yolanda Díaz apoiou persoalmente que o Día das Letras 2009 estivese dedicado a Carvalho Calero

Despois de se coñecer que a Real Academia Galega lle dedicará o Día das Letras de 2009 a Ramón Piñeiro, o Concello de Ferrol anunciou que seguirá a recabar apoios para que Ricardo Carvalho Calero reciba o recoñecemento en 2010.

A concelleira ferrolá de Cultura, Yolanda Díaz, manifestou a súa satisfacción persoal pola decisión de lle render homenaxe a Piñeiro, pola súa "importante achega á cultura do país e a súa trasposición ao exterior".

A corporación local de Ferrol apoiou por unanimidade promover a Ricardo Carvalho Calero como autor ao que se lle renda homenaxe no Día das Letras. Díaz lembrou, ademais, que no ano 2010 faise o centenario do nacemento do escritor e lingüista ferrolán, o que "constitúe unha referencia básica para o traballo cara á súa candidatura". Por iso, anunciou que iniciará de inmediato entrevistas cos seus homólogos nas principais cidades e vilas do país para conseguir o seu apoio.

O concello ferrolán xa propuxera o autor para o Día das Letras 2009. Como parte da campaña, concedeu o Premio de Narrativa Carvalho Calero, patrocinado xunto á asociación cultural Medulio, e que recaeu en Henrique Dacosta por Unha nada de doce relatos. A modalidade de investigación e ensaio quedou deserta.


4,2/5 (20 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: