AGAL publica no seu portal o arquivo de audio dunha entrevista a Ricardo Carvalho Calero, realizada en 1990 por Pedro-Milhám Casteleiro e Antom Malde, poucas semanas antes da morte do ferrolán, abandeirado defensor da corrente reintegracionista da lingua galega. Na conversa, que dura case unha hora, Carvalho Calero fala sobre lingua, cultura, política e sobre os lazos históricos entre Galiza e Portugal. A entrevista foille cedida a AGAL pola publicación Çopyright.
.