Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

AGAL homenaxea a Carvalho Calero

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) organiza o 22 de marzo en Compostela unha homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, ao se conmemorar o décimo terceiro aniversario da morte do que fora o primeiro catedrático de lingua e literatura da Universidade galega. Por outra parte, o colectivo defensor do galego-portugués estrea sede en Compostela.

- 17:24 19/03/2003
Tags:

O acto terá lugar o sábado ás 12.00 horas no salón de graos da Facultade de Filoloxía (campus Norte da USC). O catedrático de Filoloxía Galega José Luís Rodríguez impartirá unha charla baixo o título "Carvalho Calero no inicio do século".

Por outra banda, AGAL estrea sede en Santiago, no número 40 da Avenida de Castelao. O acto de inauguración terá lugar ás 13.00 horas do sábado.

O ferrolán Ricardo Carvalho Calero, fundador de AGAL, morreu o 25 de marzo de 1990.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: