Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
PREMIOS DE INVESTIGACIÓN E CREACIÓN LITERARIA

Convocado o XV Certame Carvalho Calero

O Concello e a Sociedade Cultural Medulio veñen de convocar un ano máis o Certame Literario Lingüístico Carvalho Calero, que vai xa pola súa XV edición. Establécense dúas modalidades: investigación literaria ou lingüística e creación literaria. Os autores que resulten elixidos polo xurado en cada unha destas categorías recibirán un premio en metálico de 3.606 euros e verán publicados os seus traballos. Miguel Louzao, coa súa Poesía galega última e Carlos Quiroga, con Inxalá foron os galardoados na XIV edición do certame.

- 09:08 29/03/2006
Tags:

A XV edición do certame Carvalho Calero está xa en marcha. O Concello e a Sociedade Cultural Medulio, que colaboran na súa organización, veñen dar a coñecer as bases que rexerán o concurso de investigación e narración curta. Estas establecen que os traballos deben ser presentados en lingua galega, e ser inéditos. A extensión mínima dos mesmos será de 50 folios.

O prazo para a presentación de orixinais permanecerá aberto entre o 15 de abril e o 15 de maio de 2006. Estes serán revisados por un xurado de cinco persoas, entre as que figurarán os gañadores da anterior edición do certame. Os premios deste XV Carvalho Calero serán entregados en marzo de 2007, coincidindo co aniversario do pasamento do escritor ferrolán que lles dá nome.

Na XIV edición resultaron elixidas a investigación Poesía galega última, de Miguel Louzao, e a narración Inxalá, de Carlos Quiroga.


Documentos

0/5 (0 votos)