Traballos de 86 países aspiran a participar no festival, que terá lugar en outubro en Compostela.
A quinta edición do Concurso Internacional de Curtametraxes de Curtocircuíto xa recibiu 2.260 curtas. Ademais, o prazo de recepción ampliouse unha semana, até o 4 de xullo. O certame audiovisual desenvólvese cada ano en Compostela organizado polas concellarías de Turismo e Cultura.
As achegas, procedentes de 86 países, xa están inscritas para o certame. Agora, un comité de selección terá que escoller o máis dun cento de traballos que se proxectarán durante a semana oficila, do 17 ao 24 de outubro. Na cerimonia de clausura, ese último día, entregaranse oito premios, que decidirán catro xurados formados por profesionais internacionais ada curtametraxe.
As curtas que non cheguen a tempo ao concurso, aínda teñen até o 24 de xullo para rexistrarse en shortfilmdepot.com e formar parte do catálogo do III Mercado Internacional de Curtametraxes de Curtocircuíto que estará ao dispor dos profesionais que asistirán.