Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
XERAIS08

A TVG sortea as intervencións no debate: Touriño abre e Feijoo pecha

Xa está todo listo para retransmitir esta noite o primeiro cara a cara entre os líderes das tres principais forzas galegas.

Redacción - 13:34 27/02/2008

Logo de días turrando por pechar o debate, a sorte aliouse co presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo. A orde de intervencións decidiuse na mañá deste mércores nun sorteo ( ao que non acudiron os conservadores): Touriño será o primeiro en tomar a palabra, logo Quintana e Feijoo pechará o debate. Mais tamén se sorteou a chegada ao plató e o sitio que ocupará cada un na mesa (cuestións que tamén enredaron aos partidos nos últimos días). Así, o líder nacionalista estará sentado entre os outros dous protagonistas. O primeiro en chegar até o hotel San Francisco de Santiago será Feijoo (20.30 horas), logo Quintana (20.40) e finalmente Touriño (20.50). O debate, que será retransmitido en directo pola TVG, comezará ás 21.30 horas.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: