Representantes dos tres partidos intentan salvar as diferenzas para que sexa posíbel.
O debate televisivo entre os tres principais líderes galegos está atopando ben máis atrancos dos que se agardaban hai unha semana. A estas horas, representantes dos tres partidos intentan chegar a un acordo para que este mércores sexa posíbel a confrontación dialéctica entre Touriño, Quintana e Feijoo.