Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
A CORENTA E OITO HORAS DA DATA PREVISTA

Rachan as negociacións para o debate entre Touriño, Quintana e Feijoo

O PPdeG pide que a emisión sexa en diferido, que se cambie o escenario, ao moderador e que o seu líder protagonice o peche.

Redacción - 19:00 25/02/2008
Tags: debate TVG

Mentres os operarios da CRTVG traballan arreo no hotel San Francisco de Santiago para ter todo listo, os tres partidos non chegan a acordo. Esta mesma tarde volveu haber unha xuntanza entre representantes do PSdeG, BNG e PPdeG. Logo de case dúas horas de reunión, o bloqueo dos populares segue a ser total. Os negociadores da formación conservadora seguen a poñerlle pegas ao escenario elixido, ao xornalista (Alfonso Hermida) e a que a emisión sexa en directo. Mais neste último encontro, as posturas, lonxe de achegarse, aínda se distanciaron máis. O motivo é que os populares esixen que Núñez Feijoo peche a quenda de intervencións.

Os representantes dos tres partidos decidiron suspender as negociacións. Non se agardan máis xuntanzas, porén socialistas e nacionalistas confían en que os populares muden a súa actitude e finalmente non se suspenda o debate previsto.


4,43/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: