O Texas estadounidense tamén bate a súa marca, ao rozar os 102. Por outra banda, o euro volve subir con respecto ao dólar.
Coincidindo coa suba do petróleo, o euro tamén batiu a súa marca con respecto ao dólar
O prezo do barril de Brent -o de referencia en Europa- superou esta cuarta feira por primeira vez na historia a cota dos 100 dólares (concretamente, alcanzou os 100,45 dólares) á espera de que se publiquen os datos de reservas semanais en EUA.
En concreto, o barril de Brent Mar do Norte cambiábase ás 10.00 horas por 100,42 dólares no Intercontinental Exchange. O barril de referencia estadounidense, o Texas sweet light adquiríase no Nymex de Nova York por 101,93 dólares tras marcar tamén na mañá desta cuarta feira a marca histórica en 101,98. O pasado 2 de xaneiro, o Texas xa superara a 'barreira psicolóxica' dos 100 euros.
Este martes, o presidente da OPEP, Chakib Khelil, afirmou que non se incrementará a produción, debido a cantidade de gasolina en stock, acumulada ante a habitual caída da demanda pola finalización do inverno no hemisferio Norte e a recesión económica en EUA.
Euro fronte ao dólar
Por outra banda, a cotización da moeda común europea fronte ao 'billete verde' rexistrou tamén esta cuarta feira un novo máximo histórico ao alcanzar un cambio de 1,4982 dólares, fronte á anterior marca de 1,4967 dólares.