Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁXIMO HISTÓRICO

O petróleo de referencia en EUA supera os cen dólares por barril

Os analistas coidan que as tensións xeopolíticas pola inestabilidade en Paquistán e en Nixeria son factores decisivos.
Anterior: Os prezos do crú chegaron a máximos históricos en 2007

Redacción - 19:10 02/01/2008

O prezo do petróleo de Texas, que serve de referente en EUA, marcou este mércores un máximo histórico ao superar lixeiramente os cen dólares por barril (159 litros). O prezo do crú estadounidense quedara marcado en 96 dólares o último día de ano, o que xa significaba un incremento dun 57% ao longo de 2007.

Os expertos consideran que a vaga de violencia en Nixeria, as tensións xeopolíticas logo do atentado que lle custou a vida a Benazir Bhutto e o temor a que as reservas de crú en EUA mostren maná un descenso maior do previsto explican a tendencia alzista.

Mentres, o prezo do barril de crú Brent, que serve de referencia para a economía europea, cotizou este mércores a 97,47 dólares, tres por riba do prezo de apertura da sesión.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: