Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLARACIÓNS DO PRESIDENTE VENEZUELANO HUGO CHÁVEZ

Chávez ameaza con non vender máis petróleo ao seu principal comprador: Estados Unidos

O presidente venezuelano arremeteu contra a empresa transnacional Exxon Mobil como representante da agresión que forma parte da guerra económica contra Venezuela, facendo alusión ás accións emprendidas pola transnacional Exxon Mobil contra o Estado venezuelano. "Bandidos da Exxon Mobil, son uns bandidos imperialistas, ladróns de pescozo branco, corruptores de gobernos, derrocadores de gobernos, apoiaron a invasión a Iraq e o bombardeo, e seguen apoiando o xenocidio en Iraq, eses son esas empresas como a Exxon Mobil, bandidos, bandidos do mundo, mafias mundiais" foron as palabras do presidente venezuelano.

Xurxo Martínez Crespo - 13:30 11/02/2008

Salientou que estas empresas son do imperio "e gañan ao día miles de millóns de dólares no mundo, explotan África, están roubando en África, están roubando na América Latina aínda, están roubando ao mundo como aquí nos roubaron, pero aquí nunca máis roubarán, terán que pasar polos nosos cadáveres. Bandidos da Exxon Mobil, son uns bandidos imperialistas, ladróns de pescozo branco, corruptores de gobernos, derrocadores de gobernos, apoiaron a invasión a Iraq e o bombardeo, e seguen apoiando o xenocidio en Iraq, eses son esas empresas como a Exxon Mobil, bandidos, bandidos do mundo, mafias mundiais".

Lanza do imperialismo

O presidente venezuelano comentou que as súas análises indican que isto apenas é a punta do iceberg, que veñen contra Venezuela as demais empresas; e advertiu ao imperio estadounidense: "sigan e vostedes verán que non lle enviaremos unha pinga de petróleo ao imperio dos Estados Unidos". Agregou que xa deu instrucións ao ministro do Poder Popular para a Enerxía e Petróleo, Rafael Ramírez.

"Polo momento están ameazando, un tribunal de non sei onde que non ten que ver con isto; como eles se cren donos do mundo, daquela un tribunal ordena que lle conxelen a Venezuela non sei onde. Ah!, bon, está ben, se vostedes de verdade conxelan os nosos fondos, fannos dano, nós ímoslles facer dano, saben como?, non lles imos mandar petróleo aos Estados unidos, anóteo míster Bush, Míster Danger".

Continuando coa súa palabras sobre o tema enviou unha mensaxe clara: "se a guerra económica continúa contra Venezuela, o prezo do petróleo vai chegar a 200 dólares e Venezuela meterase na guerra económica, e máis dun país está disposto a acompañarnos na guerra económica, non nos van a meter medo, non nos van a disuadir", concluíu.


Documentos

3/5 (2 votos)



Chávez nunha produtora de arroz
Chávez nunha produtora de arroz